Os críticos non queren eleccións anticipadas nin formacións "franquicias" de En Marea

Críticos de En Marea --que integran Podemos, EU e Anova-- difiren de Villares e da dirección e insisten na "autonomía" das mareas municipalistas. Tamén hai uns días IU e Podemos anunciaron que queren impoñer as súas siglas nas municipais, algo que tamén denuncia o sector oficial de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2018 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O sector crítico coa dirección de En Marea afeou que o portavoz rupturista, Luís Villares, non agardase ao pronunciamento do "consello político" da organización e pedise publicamente a convocatoria de eleccións no caso de que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, abandone a Xunta para relevar a Mariano Rajoy á fronte da dirección nacional do PP.

Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas
Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas

"Criticamos que se fixese esa declaración cando non había unha posición tomada polo Consello das Mareas. É o consello político quen ten que tomar a decisión", declarou Gladys Afonso (Anova), que actuou como portavoz do sector crítico coa dirección de En Marea ao termo da reunión do Consello celebrada este sábado.

Así, Afonso, acompañada por Daniel Calvete e Oriana Méndez (tamén de Anova), asegurou que, para o sector crítico de En Marea, "non é o momento de solicitar unhas eleccións anticipadas senón de reclamar que o PP renda contas diante do pobo galego". Unha posición que tamén se comparte no PSOE e en Podemos.

Deste xeito, os críticos --enfrontados desde fai máis dun ano ao sector que controla os órganos políticos de En Marea-- difire do criterio da dirección e de Villares, que reclamaron no Consello da formación deste sábado a convocatoria de eleccións autonómicas se Feijóo dá o salto a Madrid e decide deixar a Presidencia da Xunta de Galicia.

Para este grupo (integrado por representantes de Anova, EU, Podemos e algunhas mareas municipalistas como Marea Atlántica), a reclamación efectuada por Villares o pasado xoves "tería que ser decidida amplamente pola dirección política e o conxunto de inscritos" antes de que o portavoz "saíse á palestra cun tema deste calado".

"FRANQUICIAS"

Por outra banda, acusaron á dirección do partido instrumental de querer crear "franquías" nas distintas localidades co seu ofrecemento para que En Marea sirva de marca "paraugas" nas eleccións municipais do próximo ano de cara a aumentar o peso das mareas nas deputacións.

Así, após defender que as mareas municipalistas deben gozar de "autonomía", aseguran que articular os proxectos locais baixo a "marca" En Marea "vai en contra da autoorganización das clases sociais populares galegas que con iniciativa, independencia e autonomía decidiron en 2015 tomar as rendas do seu destino".

Os críticos cren que En Marea debe limitarse a "apoiar" as súas decisións e "non impor nin marcas nin franquías". "Son as mareas as que teñen que decidir como queren coordinarse e organizarse", engadiu Gladys Afonso. Unha crítica que, curiosamente, fan os tamén sectores oficiais a IU e Podemos por querer impoñer as súas siglas nas municipais, europeas e autonómicas. De feito, un dos argumentos utilizados por Pablo Iglesias é ir baixo un mesmo "paraugas" para ter máis poder nas deputacións. Sobre esta postura, Anova aínda non se ten pronunciado de xeito oficial. .

Respecto ao reto lanzado desde Cerna para que os partidos que conforman En Marea "se disolvan" en aras de facer que na organización rupturista só existan persoas a título individual e non formacións políticas, os críticos evitaron pronunciarse porque consideran que se trata de "unha decisión" da propia Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

7 Loisin

A ver se entendo... En Marea non pode impoñer o seu nome e facer franquicias... En cambio, Podemos-IU-Equo van impoñer o seu nome nas papeletas e van crear as súas propias candidaturas á marxe das Mareas. Entón se o fan dende Madrid IU-Podemos vale, se o fai En Marea dende Galicia, non vale? E Anova sae a criticar En Marea, pero conque vai facer Podemos están caladiños..

6 Alberte

Beiras, Ferrín, Gómez-Reino.... son clase popular?

5 abella

As mareas das cidades pasan de Anova, e as mareas das outras localidades xa nos buscamos a vidiña, agardar por Anova é como ir buscar a morte

4 rebelion nacional galega

onte pedían elección anticipadas, supoño que para voltar a meter o pepeiro a gobernar, viven xa desnortados absolutamente, viven de contradicción absoluta, dicen calquer cousa, as cousas non funcionan asi axentes do delta- (espiones do podreiro) muito esta xa totalmente infiltrados polos mandriles (pacto de silencio -Vieiras+waldo das JONS o alcumado "coletas" nesta ocasión xa non sodes tan bos non é asi como se fan as cousas, isto e xa un.ha pedrada directa o nacionalismo galego, mesmo o grupúsculo de iluminatis "casa aberta cerna" xa o dixo totalmente, entregando a patria galega !me caguen nos guevos! a vergonza e o delirio por gobernar algo chegan as dirixencias a elaborar manifestó de a diario, xa o estamos vendo!

3 Mareanta

Basta xa de contar mentiras. As mareas non somos franquicias. Algunhas non temos personalidade xurídica para presentarnos fora da agrupación de electores que non nos resolveu nada nestes tres anos. Queremos usar o paraugas instrumental que creamos. Hai máis mareas fora da Coruña e Compostela.