Feijóo non "demandará" por dicir que o "PP está condenado"

O mandatario autonómico advirte, con todo, que é "falso" que o PP estea "condenado por corrupción".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se decatou no mesmo momento que a oposición da existencia do informe dos letrados do Parlamento sobre a sentenza da Gürtel, o cal esgrimiu o titular do Lexislativo galego, Miguel Santalices, durante un debate parlamentario e polo cal foi chamada á orde a oposición.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, en rolda de prensa
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Dito isto, e ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello, advertiu de que el non "demandará" a ningún xornalista por escribir que o PP "está condenado por corrupción" como afirmou a oposición e preguntóuselle a Feijóo, iso si, deixou claro que esa afirmación "é falsa".

"Aínda que igual non se crea a resposta que lle vou a dar, eu decateime da existencia dese informe no mesmo instante, que o resto dos deputados. Por tanto, comprenderán vostedes, absoluta independencia da Mesa e Presidencia do Parlamento", destacou Feijóo na súa resposta, na que lembrou que o presidente da Cámara interrompeu o debate para chamar a atención da portavoz do BNG, Ana Pontón, esgrimindo o asesoramento xurídico.

"Estaba a ser preguntado por unha cuestión, dixo que había un informe que dicía que non podía usarse unha expresión dado que era falsa", narrou o mandatario autonómico en referencia á sesión de control vivida a semana pasada no hemiciclo galego.

"Se me pregunta se comparto o contido do informe, sen ningunha dúbida; se me pregunta se comparto a oportunidade dese informe, eu teño que dicirlle como presidente da Xunta que as decisións do Parlamento e da Mesa son absolutamente autónomas", declarou o dirixente autonómico.

Neste sentido, salientou que el tivo coñecemento da existencia dese informe --cuxo contido completo non foi revelado, pero sobre o que o Parlamento deu a coñecer unha nota aclaratoria-- "no mesmo instante" que o resto de 74 deputados da Cámara galega. "Non podo ser máis explícito", sentenciou.

NON DEMANDARÁ

Feijóo tamén foi preguntado se, dado que no Parlamento se sancionou cunha chamada á orde dicir que o "PP está condenado por corrupción" se el entendía que podía haber denuncias aos xornalistas.

O presidente da Xunta non dubidou de que os xornalistas "teñen experiencia" e xa saben que "hai xente que demanda a xornalistas por inxurias e calumnias" e que o resultado é, ás veces a favor do demandante e noutras ocasións do demandado.

"Se me pregunta se vou demandar por dicir que o PP está condenado por corrupción, saiba que eu non o vou a demandar; se me pregunta, direille que é falso. Pero desde logo non lle vou a demandar", resolveu Feijóo ao ser interpelado polo uso da expresión "o PP está condenado por corrupción" en informacións xornalísticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 (e punto)

O PP é un partido condenado por corrupción.O PP é un partido condenado por corrupción. O PP é un partido condenado por corrupción.O PP é un partido condenado por corrupción. O PP é un partido condenado por corrupción.O PP é un partido condenado por corrupción. O PP é un partido condenado por corrupción.O PP é un partido condenado por corrupción O PP é un partido condenado por corrupción.O PP é un partido condenado por corrupción.