Temas: TUI PIROTECNIA

O presidente responde aos afectados de Tui: "Non coñezo ningún expediente con máis rapidez"

Feijóo responde deste xeito as vítimas da explosión de Paramos que o pasado sábado denunciaron a excesiva burocracia e as poucas axudas concedidas pola administración.

Por Galicia Confidencial | Feijóo | 14/06/2018 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu a "axilidade" das axudas aos afectados pola explosión pirotécnica de Tui (Pontevedra). "Non coñezo ningún expediente con máis rapidez", subliñou a preguntas de GC sobre as críticas dos afectados que o pasado sábado denunciaron a excesiva burocracia e o pouco importe que recibirán.

Feijóo visita Tui
Feijóo visita Tui

Así, lembrou que o Concello de Tui aprobou o seu fondo de emerxencia, dun millón de euros, mentres que a Xunta destinará "varios millóns de euros" para axudar ás persoas que quedaron sen as súas casas. De feito, o pasado xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde de axudas da Administración autonómica.

Na súa intervención, Feijóo asegurou que está "de acordo" con que todas as administracións "teñen que arrimar o ombreiro". "Díxeno desde o primeiro instante", destacou o presidente autonómico, quen se referiu a concello, deputación, Xunta e Goberno central. "Pero a Xunta de Galicia foi a primeira que cumpliu, en axilidade e en importe concedido", concluíu.

Temas: TUI PIROTECNIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta