Feijóo renuncia a suceder a Rajoy: "No puedo fallar a los gallegos"

O presidente da Xunta anuncia entre bágoas, nun discurso en castelán, que seguirá á fronte do Goberno galego: "Para mí ser presidente de Galicia es la mayor de mis ambiciones políticas", dixo ovacionado polos seus.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/06/2018 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo levaba dúas semanas esfollando a margarida... e decidiu quedarse. O actual presidente da Xunta de Galicia e do PP galego xerou estes días unha enorme expectación mediática, a que non lograron os demais candidatos. Este luns, a atención foi máxima. Feijóo chegou entre os aplausos dos seus, unhas 700 persoas convocadas no Hotel Palacio do Carmen, un lugar simbólico para o líder conservador, xa que foi alí, hai 13 anos, onde lanzou a súa candidatura para suceder a Manuel Fraga, e logo, o 2 de abril de 2016, entre lembranzas a Fraga e algunhas bágoas, anunciou que se presentaría a un terceiro mandato na Xunta de Galicia. Hoxe fíxoo para anunciar que non se move de San Caetano.

Alberto Núñez Feijóo anuncia que non será candidato a presidir o PP
Alberto Núñez Feijóo anuncia que non será candidato a presidir o PP

Feijóo comezou o seu discurso, en castelán, ás 20.11 —ante o máximo órgano do PP galego, a xunta directiva autonómica— para "decir lo que pienso", dixo, sobre o proceso aberto no PP estatal. "Como sabéis, me he dedicado muchos lustros de mi vida a la defensa de los intereses generales", expresou antes de fachendar da "única maioría absoluta" en España, polo que considerou "lexítimo" e "responsable" pensar en optar a liderar o PP a nivel estatal

Tras agradecer os "afectos" recibidos de todo o Estado, expresou que a súa decisión sería "coherente con mi opinión como con mis actos". "Soy el presidente de Galicia porque mi único pacto ha sido con los gallegos, porque una mayoría de ciudadanos así lo ha decidido en las urnas. Para mí ser presidente de Galicia es la mayor de mis ambiciones políticas", sentenzou un emocionado Feijóo entre bágoas e aplausos, que prometeu defender os intereses de Galicia no Estado. 

"En el año 2016 pedí a los gallegos su confianza y apoyo para cuatro años más; me comprometí con ellos hasta el año 2020. Sin haber completado mi compromiso no puedo fallar a los gallegos, porque sería además fallarme a mí mismo", anunciou ás 20.20 horas. "Ya lo he dicho", engadiu coma quitándose unha lousa de enriba.

Feijóo defendeu así a súa "coherencia" e pediu ao PP que "abra una nueva etapa que marque la diferencia con los demás partidos". Así, xustificou que non pode deixar a Xunta para non ser incoherente e criticou o "ego que impera" noutros partidos.

Alberto Núñez Feijóo anuncia que non será candidato a presidir o PP
Alberto Núñez Feijóo anuncia que non será candidato a presidir o PP

"Voy a seguir trabajando para el Partido Popular desde el PP de Galicia y, sobre todo, voy a seguir defendiendo los intereses de Galicia", concluíu Feijóo 16 minutos despois de comezar o seu discurso.

FEIJÓO, MÁIS TRANQUILO

O presidente da Xunta apelou este martes para esperar a que finalice o prazo de presentación de candidaturas para o congreso extraordinario que o PP celebrará en xullo e asegurou que será "posteriormente" cando o PP galego "meditará e avaliará" cal lle parece que "pode ser a mellor opción para o futuro" do seu partido en España.

Manifestouno nunhas breves declaracións aos medios de comunicación que o esperaban á entrada do Parlamento, en cuxo hemiciclo, un día despois de anunciar que non optaría a suceder a Mariano Rajoy, seguiu o arranque do pleno, antes de desprazarse á área de goberno da Cámara, para recibir ao embaixador da República Dominicana, Olivo Rodríguez Huertas.

Preguntado acerca de se está máis tranquilo despois de comunicar aos seus a súa decisión de non pugnar por liderar o PP de España, asegurou que "si" e apostou agora por esperar a ver que pasos se dan no seu partido, convencido de que, aínda que xa hai "bos candidatos", presentaranse máis.

"Imos ver que facemos no congreso; presentaranse bos compañeiros (...) Imos esperar a que finalice o prazo e, posteriormente, o PPdeG meditará e avaliará cal nos parece que pode ser a mellor opción para o futuro do PP de España", aseverou o presidente galego.

AS OUTRAS CANDIDATURAS

O prazo para a presentación de candidaturas finaliza o mércores, pero esta mesma mañá transcendeu que a exvicepresidenta do Goberno Soraya Saenz de Santamaría prevé presentar a súa candidatura á presidencia do PP.

Coa entrada de Santamaría na batalla sucesoria son xa cinco os candidatos que aspiran a liderar o PP, despois de que nos últimos días anunciasen a súa candidatura José Manuel Margallo, Pablo Casado, José Ramón García Hernández e José Luis Bayo.

Pola súa banda, María Dolores de Cospedal convocou unha Xunta Directiva Rexional do PP en Castela A Mancha onde desvelará os seus plans de futuro. Precisamente, tras a renuncia de Feijóo, hai temor no partido a que se poIda desatar unha guerra interna ante a sucesión de Rajoy.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 Xoelho

Estes sempre a facer teatro. A culpa non é principalmente deles, a maior culpa é de quen os pon aí cos seus votos.

8 Leike

Tanto lle quere a Galicia que nas ocasións "importantes" (e na súa vida diaria cando non está "actuando para a galería") fala sempre en castelán.

1 Xoelho

E cando se supón que fala en galego en realidade fala máis en castelán que en galego. Claro que muitísimos supostos nacionalistas non lhe van á zaga: "estOs", "vou A facer", "me dixo que si" (por "díxome que si"), "una", "hemos feito" (ben, isto último non acostuman a dicilo máis que un_a minoría polo momento, aínda que...), "salado", "olvidar", "verano"...

2 Palla no ollo alleo

Xoelho, podes engadir: "...non lle van á zaga"

3 Xoelho

Palleiro, listo, son consciente de que é un xiro castelanista, mais un xiro que pode ser necesario porque as linguas toman préstamos doutras en muitos casos e ás veces son préstamos positivos. En calquera caso non invalida o máis mínimo a minha crítica porque é un_a evidencia incontestable a progresiva e implacable ifluencia do castelán sobre o galego, cada vez máis acelerada. Ah, e esquecín outra k-gada de absoluta actualidade, sobre todo polo extendida que está entre os políticos, incluíndo os considerados nacionalistas: desde cando a palabra TODAVÍA é un_a palabra galega? Eses políticos de "pacotilla" (outro castelanismo) non conhecen a palabra AÍNDA ou, abreviada, INDA. Non, o serio e o moderno parece que é dicir cousas que soen a madrilenho, e se pode ser cun impecable acento de Chamberí.

7 GrazasBeiras

Ai medicas, medicas. O de Feijóo en Madrí non podía ser, ho, que as fotos esas que sairon xa eran demasiado, máis todo o que haberá nese dossier que anda por aí. pois nada: o home que destruiu o sist. financeiro e mentiu sobre o tema en sede parlament, o vendedor da sanidade, o líder do partido condenado por corrupción, o home que pon unha rolda de prensa ás oito para (Conciliación?jaja) , o presidente do goberno que empobreceu a sete de cada dez familias galegas, o machista, o amigo dos narcos, o facedor de Sabón ten moitas posiblidades de recuncar se a oposición, e uns mais que outras, non deixan de facer a mona e se matan a traballar desde xa. O Feijóo é un desastre pero se vos gaña, qué sodes vós?

6 Hipercapnia

Yo lo veo muy bien, espero todo salga a favor de la comunidad Gallega. https://www.hipercapnia.info/

1 Xepe

¿?

5 Xepe

Pois dediquémoslle esta peza, logo https://www.youtube.com/watch?v=d5M...