Temas: LA MANADA ORDES

Ordes tamén declara non grata a 'La Manada'

Oleiros e Lugo tomaron esta mesma decisión nestes días e declararon non gratos a José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Escudero Domínguez, Ángel Bozo Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/07/2018 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Ordes foi o último, ata o de agora, en sumarse á lista de concellos galegos que declaran non gratos aos membros de "La Manada". Esta petición do BNG de declarar persoas non gratas a José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Escudero Domínguez, Ángel Bozo Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero foi apoiada por todos os membros da corporación.

Os cinco acusados da Manada
Os cinco acusados da Manada

Estas cinco homes están condenados a nove anos de prisión pola Audiencia Provincial de Iruña tras ter sometida a unha moza de 18anos a reiterados actos sexuais en contra da súa vontade durante a celebración das festas de San Fermín o pasado ano. Ao texto engadíuselle unha emenda presentada polo voceiro socialista na que se solicitaba que dita consideración se ampliase a todas aquelas persoas condenadas por violación, delitos ou abusos de índole sexual.

Ademais, este pleno arrancou coa aprobación unánime por parte de todas as forzas dunha declaración institucional en prol dos dereitos dos homes e mulleres LGTBIQ. Un postulado que vén coincidir coa celebración, o pasado xoves 28 de xuño, do comunmente coñecido como Día do Orgullo Gai.

MÁIS MOCIÓNS: ESPAZOS PARA CANS E INVENTARIO DE EDIFICIOS CON AMIANTO

As mocións presentadas polo voceiro socialista, Alejandro Manteiga, obtiveron tamén o consenso de todas e todos os presentes. Na primeira delas solicítase instalar soportes naqueles espazos ou edificios públicos, especialmente nos de titularidade municipal (Concello, Casa da Cultura, biblioteca, dependencias policiais, colexios, centro médico etc), para poder deixar debidamente amarradas ás mascotas.

A segunda moción demanda a realización dun inventario das edificacións con amianto existente (visible e non visible) en todos os colexios e edificios municipais para poder elaborar un plan de cara a súa retirada gradual por parte dos correspondentes organismos titulares dos inmobles. Neste senso o BNG lembrou da importancia da retirada deste tipo de material da rede de abastecemento, punto de vista compartido por todas as forzas políticas.

O debate sobre a modificación da senda peonil na marxe dereita da N-550 na zona das Casillas requerido polos nacionalistas quedou rexeitado. Tanto o equipo de Goberno, co alcalde José Luis Martínez Sanjurjo á cabeza, como os concelleiros non adscritos Roberto González, Luis Gómez Candal e Ramón Vázquez Raña consideraron válidos os criterios e estudos realizados a día de hoxe en base ao trazado deste proxecto, o cal está ratificado e aprobado polo Ministerio de Fomento.

Temas: LA MANADA ORDES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fuilco

E para cando ao viol. do estilete? Culpable da violazión con estrema violencia de 25 mulleres, alomenos.