A instalación de videocámaras aumenta nun 559% nos últimos oito anos

A gran proliferación de cámaras de videovixilancia nos últimos oito anos contrasta coa redución das sancións polo uso das mesmas, que se reduciron un 70% no mesmo período.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A instalación de videocámaras aumenta nun 559% mentres que as sancións por videovixilancia se reducen un 70%. Todo isto no mesmo período pero, con todo, a Memoria 2017 da Axencia Española de Protección de Datos advirte: a porcentaxe non é exacta. Ese rexistro non inclúe a todas as instalacións existentes a pesar de que a súa inscrición é obrigatoria.

Sistema de videovixilancia
Sistema de videovixilancia

Amais, ese incremento do número de instalacións faise moito máis destacable se se ten en conta que unha mesma instalación pode estar formada por un número ilimitado de dispositivos de gravación instalados en distintas ubicacións. E que, volvendo á redución das sancións, estas tamén diminuíron en canto á contía: o importe da sanción media baixou a 2129€ no 2017 cando era de 2882€ no 2010.

UNHA REDUCIÓN DRÁSTICA

A pesar do exponencial aumento dos dispositivos de videovixilancia, tanto comunicados á AEPD como non, as sancións impostas pola AEPD reducíronse de forma drástica; pasando de máis de 500.000€ no 2010 a menos do 30% desa cantidade no 2017. Se esa redución parece importante, hai que ter en conta que as sanción impostas no 2016 apenas foron o 17% das sancións impostas no 2010.

Habería que preguntarse se eses datos poñen ou non en dúbida a dilixencia coa que Protección de Datos realiza a súa labor de velar polo cumprimento da normativa vixente de protección de datos en relación coa videovixilancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta