Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2018 | Actualizada ás 11:21
O expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor faleceu na mañá deste xoves en Santiago de Compostela, aos 100 anos de idade, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao histórico político galego.
A vocación levoulle polo camiño da Medicina, carreira que iniciou na Universidade de Santiago de Compostela e que concluíu tras verse interrompidos os seus estudos ao empezar a Guerra Civil en 1936, aínda que isto non lle impediu involucrarse na vida pública.
O paso cara a adiante en política deuno da man de Manuel Fraga, con quen entrou de cheo en política ao concorrer ás primeiras eleccións autonómicas de outubro de 1981 como candidato de AP, unha decisión que o converteu no primeiro presidente galego elixido as urnas. Unha presidencia, a súa accidentada. De feito, tivo que deixar o cargo por unha moción de censura de quen fora o seu vicepresidente, José Luis Barreiro, hoxe, de novo, na órbita do PP.
O pasado mes de setembro celebrou xunto cos seus un século de vida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.