Os servizos de urxencias de toda Galicia, baixo mínimos no verán

O sindicato PROSAGAP denuncia que os traballadores dos PACs de Galicia están a "traballar en condicións precarias" e en aquipos incompletos, sen poder garantir unha calidade asistencial a toda a poboación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/07/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Debido a que no verán aumenta a poboación en cada municipio, aumenta tamén o número de urxencias nos PACs. Sen embargo, é na época estival cando os servizos de urxencias de toda Galicia están baixo mínimos. Así o denuncia PROSAGAP, que califica de "dramática" esta situación que sofren os profesionais. Situación na que os equipos profesionais se ven mermados, incompletos, sen poder garantir unha calidade asistencial a toda a poboación.

Persoal sanitario, hospital, enfermeira, médico
Persoal sanitario, hospital, enfermeira, médico

De feito, sinalan, foi durante a primeira fin de semana da segunda quincena de xullo cando xa se deu esta situación, ao quedar algún PAC de Galicia con só unha enfermeira/o mentres outro equipo saía do PAC para cubrir unha urxencia e posteriormente a realizar un traslado ao hospital máis próximo. Unha hora e media de ausencia, o que tería significado que, se durante ese tempo tivera entrado unha urxencia vital no centro, o enfermeiro/a non podería dar asistencia necesaria nin solventar a urxencia.

PROSAGAP, polo tanto, denuncia unha mala xestión da conselleria de sanidade e dos recursos humanos das xerencias de toda Galicia "nestes últimos anos". Ao que engade que a poboación galega non é consciente da pouca cobertura sanitaria que se está dando en Galicia: "cobertura que debería preocupar mesmo aos alcaldes de cada municipio, debido a que se os turistas son coñecedores desta situación, sentiríanse inseguros, desprotexidos e poderían deixar de vir veranear ás nosas terras".

PRECARIEDADE 

Sen embargo, desde o 15 de xullo nas Xerencias de cada EOXI téñense comprometido a reforzar algúns PACs de Galicia co aumento do seu personal, para responder ao aumento da poboación nesta época do ano.

Lonxe disto, PROSAGAP afirma que os traballadores están a traballar en precarias condicións e, ademais, estanlles denegando os seus permisos por falta de cobertura, deixando mesmo a traballadoras, sen o permiso de lactación: "todo isto ocasiona un desgaste nos traballadores/as que teñen que asumir máis pacientes debido ao aumento de poboación e o que e o é máis grave, que aumentan as súas horas de traballo e a calidade asistencial vaise minguand". 

Así, PROSAGAP esixe á conselleria de sanidade que escoite aos profesionais e dote a estes servizos tan importantes dos medios humanos necesarios "polo ben de toda apoboación Galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta