O Bloque defende o seu proxecto sen carga independentista fronte as mareas "de usar e tirar"

Ante miles de persoas concentradas na Praza da Quintana, Ana Pontón reivindica o carácter republicano do Bloque, critica a nova viraxe do Partido Popular e volve a insistir na transferencia da AP-9 e na recuperación do Pazo de Meirás. A pesar de expresar a súa solidaridade co procés catalán, evitou falar de independencia. Por outra banda, centos de persoas convocadas por Causa Galiza fixeron da independencia o seu principal lema.

Por Alicia Casas | Santiago de Compostela | 25/07/2018 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Miles de persoas saíron á rúa para celebrar o Día da Patria, o Día da Matria. E fixérono manifestándose dende a Alameda ata a Quintana. Unha Quintana chea de xente, de son de gaitas e cantos que berraban "autoderminación", "sempre en galego", "por unha Galiza ceibe e socialista" ou "poder popular". A marcha do BNG lembraba que cumpría anos, 50 días de patria "e por 50 máis, polo resto da vida". 

Ana Pontón antes de comezar o seu discurso no Día da Patria
Ana Pontón antes de comezar o seu discurso no Día da Patria | Fonte: Galicia Confidencial

E "música da terra que une" para agardar a todo o xentío que ía, pouco a pouco, ateigando a Quintana. Con bandeiras nas que aparecía, de cando en vez, Rosalía. Como tamén o fixeron outros, aqueles que botaron raíces no "fío de dignidade e amor que une a este país". "se Manuel María está, Galicia está". 

O DISCURSO

Era o tempo do discurso político, porque cando á Quintana  xa chegara todo, despois de músicas, reivindicacións e intervencións, era a quenda de Ana Pontón. Cando a voceira do BNG rescataba da memoria o seu primeiro Día da Matria, con 17 anos, cando comprobara que "non eran uns poucos".

"Ninguén pode roubarnos os nosos soños", sinalaba Pontón ao tempo que reivindicaba o dereito de autodeterminación dos pobos e aquelo que o Bloque vén reivindicando: acabar co "secuestro da radio e a televisón pública", unha xustiza feminista porque se "a xustiza se é machista non é xustiza", "a nosa República" porque "Juan Carlos I el Campechano é o principal delincuente do estado español", a transferencia da AP-9, "emprego digno", "salario digno", "traballo en igualdade".

Ana Pontón, no Día da Patria de 2018
Ana Pontón, no Día da Patria de 2018 | Fonte: BNG

A liberación de Jordi Turull, Carme Forcadell e Oriol Junqueras, a desvergoña dunha "xustiza que deixa libres aos membros da manada mentres piden 300 anos de prisión para os 19 de Meirás".  E o feminismo: "síntome moi orgullosa das mulleres traballadoras de Bershka, porque se enfrontaron ao home máis rico do mundo e venceron".

CONTRA AS MAREAS

Así, Pontón erixiu ao Bloque como a "única alternativa real" a este "desgoberno", sinalando que o seu partido era unha "ferramenta ao servizo do país", non como "as organizacións políticas de usar e tirar". Porque, segundo a voceira, as mareas son "aqueles que defenden unha causa en Madrid e outra en Galiza". Que hai que "xerar alternativas propias, non referentes estatais": "pode ser, pode pasar, que a nosa xente se deixe engatusar un tempo coa suposta comodidade da uralita contaminada co amianto do españolismo ou polos adornos da madeira contrachapada con falsos acabados de galeguismo ou nacionalismo".

"Mirade o espectáculo que dan un día si e outro tamén. Teñen enormes enerxías para pelexar entre eles en Galicia, pero quedan sen ánimos para facerse ouvir nas súas centrais madrileñas. Non van vir esas solucións nin ese futuro daqueles que defenden unha cousa en Madrid e declaran o contrario en Galicia", advertiu.

Ademais, sacou peito coa resistencia do Bloque e o seu "futuro moi esperanzador", fronte a esas escisións desde o ano 2012, e proclamou: "Unha vez máis, os que lle vían pouco futuro ao BNG levaron un chasco como esta Catedral".

PP

Ana Pontón tamén cargou no seu discurso contra o "desgoberno" do PP: "dun PP que ocupa o Goberno da Xunta e actúa de xeito rutineiro, sen ideas, sen proxecto, sen perspectiva de futuro mais alá do poder polo poder e da tapar as súas carencias coa propaganda".

As críticas de Pontón centráronse na súa "forma rutineira" de gobernar, "sen ideas, sen proxecto, sen perspectiva de futuro máis aló do poder polo poder". Ademais, deixou un vaticinio: Feijóo estará en Madrid para 2020 "se o PP español ten un horizonte máis despexado", porque insistiu en que o presidente da Xunta e do PPdeG "sempre tivo e ten a cabeza en Madrid", pero non deu a batalla pola sucesión de Mariano Rajoy "porque cheirou o ambiente e púidolle o medo a unha desfeita monumental".

CAUSA GALIZA

Por outra banda, Causa Galiza convocou a algúns centos de persoas na súa manifestación na que os seus dirixentes pediron, sen pudor, a independencia de Galicia "como único caminho". Tras saír da Alameda, a marcha rematou na Praza do Toural onde se leu un manifesto no que se insistía na necesidade de que Galicia sexa independente para acadar avances sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Liberadiyos de CC OO SL

Ou sexa que os madrileñistas recriminades ao Bloque que teña "pouca carga independentista".

1 Xiana Regueira

Ana P., a diva vividora do aparato celestial, deixouno ben claro nos vosos dous medios de propaganda, léase o Sermos (para consumo interno) e La Coz (para a galería): o BNGuai é doméstico, aspira a Unha España Grande e confederal. Logo obedece a túa lideresa! Sodes iguais que CC.OO. e Podemos, domésticos de España! Asimilados claudicantes, cando non mendicantes do PsoEspañol! Rexionalistas folclóricos o 25 de xullo e una entreguistas o resto do ano!

2 Cuñaooo

Que titular máis obxectivo! Para estas novas, non deixades ao ou á bolseira, non? Galicia non precisa de proxectos independentistas, pero si de proxectos nacionalistas e galeguistas que defendan os nosos dereitos. Parabéns, Ana.

1 chhhhssss

Si, claro, e o que este país necesita só sabes ti, iluminada. Anda, vai tragar con rodas de muíño... ides quedando sós, o partidiño e máis vós

1 poltrona

Viva Bautista ceibe e popular!

1 Carolo

A realidade é dura machista ignorante. Nin os mortos respetades. Pero hai que roela. Ao mellor se queres pasalo ben aínda acabas no festigal porque se non é así podes morrer de aburrimento.

2 f6QA

O dos mortos vai por Franco ¿nonsi? ¿Ou era que os rojos eran boiiiisimos e Franco maliiiisisiiiimo? ¡Ide rascar o carallo!!!!