Condenan a 18 anos e nove meses de prisión a un exentrenador de Mos por abusar dunha xogadora

Tamén é culpable dun delito de exhibición de material pornográfico.

Por E.P. | VIGO | 26/07/2018 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a J.G.F., exentrenador dun equipo de fútbol feminino de Mos a unha pena de 18 anos, nove meses e dous días de prisión como autor dun delito continuado de abusos sexuais con acceso carnal a menor de 16 anos e outro continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 anos.

Campo de futbol do Couto, en Ourense
Campo de futbol do Couto, en Ourense | Fonte: futgal

De acordo coa sentenza, os maxistrados entenden acreditado que a finais de xaneiro de 2016, cando o procesado tiña 37 anos empezou a manter relacións sexuais consentidas cunha das menores que xogaba no seu equipo, que naquel momento tiña 14 anos e chegou a enviarlle en numerosas ocasións fotografas e vídeos dela espida e en actitude sexual. Por iso, a Sala considerou que este home, que é reincidente, é tamén culpable dun delito de exhibición de material pornográfico entre menores de idade, aínda que lle absolveu dun segundo delito de abuso sexual sobre outra menor de 16 anos.

Como consecuencia, ademais da pena de prisión, o Tribunal impúxolle a prohibición durante 20 anos de aproximarse á xogadora e durante un ano a outra á que lle mostrou un vídeo de contido sexual. Igualmente, condenoulle a sete anos de liberdade vixiada unha vez que salga de prisión.

A maiores, prohíbeselle achegarse a menos de 500 metros ou acudir a eventos destinados a menores de idade, participar en actividades nas que interveñan menores, dedicarse a profesións ou oficios con contacto regular e directo con menores (por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión imposta) e deberá someterse a un programa de educación sexual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ion

¿E qué ten que ver a fotografía do campo de fútbol do Ourense na noticia?