Os turistas de caravana usan un castro de Barreiros como aparcadoiro
Adega e Mariña Patrimonio denunciaron no Servizo de Protección da Natureza (Seprona) que se está a utilizar o Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia como aparcadoiro de autocaravanas. O concello asegura que se trata dunha finca particular.