A Policía Nacional incauta material pirotécnico dunha leira ourensá despois de producirse explosións

O incidente debeuse ao sobrequencemento do compresor dun arcón frigorífico que se atopaba situado á beira do material pirotécnico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2018 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Policía Nacional retirou varias caixas de material pirotécnico dunha leira da cidade de Ourense despois das explosións que se rexistraron o pasado mércores.

Retiran material pirotécnico dunha leira ourensá. REMITIDA
Retiran material pirotécnico dunha leira ourensá. REMITIDA | Fonte: Europa Press

O propietario do galpón manifestou que almacenaba varias caixas de petardos de distintas clases e categorías da época na que se dedicaba á súa venda e que a día de hoxe non posúe permiso ou autorización para o almacenamento deste tipo de material. Quedou en calidade de investigado e continúan as xestións tendentes á investigación da procedencia.

Os artefactos pirotécnicos son 2.424 unidades de tronos, 144 caixas de granadas de fume branco, 35 unidades de tracas soltas, catro caixas de 12 estoxos de mísiles, 22 caixas de granadas, 167 caixas de 10 unidades de tronos 'Sempre', 18 unidades de 'Tubo Aguia', 11 caixas de 144 unidades de voadores, 32 caixas de 36 unidades de 'Correcamas' e sete quilogramos de petardos tipo traca en caixas de 20 unidades.

Os feitos sucederon na madrugada dese día 8 de agosto, cando os policías recibiron comunicación de varias explosións dentro dunha leira. Crían que se podía iniciar un incendio, segundo apuntan.

SOBREQUECEMENTO DUN ARCÓN FRIGORÍFICO

Axentes de atención cidadá da comisaría provincial de Ourense detectaron un forte cheiro a pólvora queimada e acharon o lugar das explosións nunha leira, na cal se atopaba un home cunha mangueira doméstica tentando sufocalas. Este home manifestou que se puxo en contacto co propietario da leira.

Os axentes de policía actuantes iniciaron o protocolo de actuación, acordoando a zona a efectos de seguridade e informaron o achado ao Grupo de Desactivación de Explosivos e NRBQ da Brigada Local de Información de Vigo (Pontevedra) aos efectos de análises e incautación.

Tamén deu conta do ocorrido á Brigada provincial de Policía Científica desta comisaría para practicar a pertinente Inspección Ocular Técnico Policial no lugar da explosión, xunto cos funcionarios do Grupo de desactivación de Explosivos desprazados a esta cidade e o Corpo de Bombeiros de Ourense.

O incidente debeuse, segundo indica a Policía, ao sobrequencemento do compresor dun arcón frigorífico que se atopaba situado á beira do material pirotécnico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta