Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2018 | Actualizada ás 20:55
Así o relata Verónica Corpas, unha dos asistentes, que cre que o animal está "desorientado", polo que, ao non poder devolvelo ao mar e ao ver que "case non se move", a xente "está a porse moi nerviosa".
"Vexo ao animal moi débil. Estamos a mollalo continuamente e póndolle sombra", expresa Corpas, quen tamén lamenta que o "único" que poden facer sexa "quedar mirando, cruzarse de brazos e esperar a que o golfiño morra".
Fontes de Protección Civil confirmaron que recibiron o aviso sobre as 17,10 desta tarde. Así, aproximouse até a praia de Mórdomo unha patrulla que tamén tentou devolver ao animal ao mar. Con todo, ao non poder solucionalo deste xeito, informouse do sucedido á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.