Unha cría de golfiño apareceu na tarde deste martes na praia de Mórdomo, no municipio coruñés de Laxe, ante a "sorpresa" dos bañistas. Algunhas persoas que se atopaban no lugar e membros de Protección Civil tentaron devolver ao animal ao auga "moitas veces" sen éxito, xa que "sempre volve" a terra.