Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/11/2016 | Actualizada ás 10:39
Tom Janssen é un mozo belga que creceu vendo os documentais de National Geographic sobre as marabillas do mundo mariño, que espertaron nel a súa vocación. Primeiro, experimentou na súa propia pel a sensación de mergullarse e explorar as profunddades do mar no seu tempo libre, como unha afección, e así comezou o seu interese polas especies que habitan os mares, até convertirse en biólogo e obter, ademais, un Máster en Ciencias Mariñas. Formado científicamente e inspirado polos documentais que vira na súa infancia e adolescencia, decidiu crear a factoría audiovisual Lucky Studios para mostra ao mundo o seu traballo e o doutros científicos e investigadores mariños.
Janssen estivo este verán en Galicia facendo prácticas no Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), centro de investigación con base no Grove dedicado á investigación e formación no estudo da ecoloxía e comportamento de cetáceos (golfiños e baleas). Durante a súa estadía, gravou o traballo que o BDRI e a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) realizan conxuntamente na ría de Arousa, un labor que agora amosa ao mundo nun vídeo que forma parte do seu proxecto 'Lucky Me: Life of a Marine Scientist'. Trátase da primeira achega audiovisual desta iniciativa, na que mostra como se pon en marcha o operativo do BDRI e da CEMMA ante o aviso da presenza dun exemplar femia de golfiño que xa fora previamente recuperado e reintroducido no medio natural pola rede galega de rescate de cetáceos e ao cal se lle estaba facendo un seguimento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.