Avespa velutina devora a carne dun golfiño varado en Cangas

A Cemma constata que en case todas as atencións a varamentos se atopou sobre os cadáveres dos golfiños algún individuo de avespa asiática.

Por Galicia Confidencial | Nigrán | 06/09/2018 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

A praga de avespa asiática (Vespa velutina) está sendo de tal magnitude ao longo de toda a costa galega, que nos últimos anos, segundo alerta a Cemma, en case todas as atencións a varamentos se atopou sobre os cadáveres dos golfiños algún individuo, que están alí para recoller cachos de carne que trasladarán aos niños para alimentar as larvas. 

Avespa asiática come o ollo dun golfiño morto varado en Cangas
Avespa asiática come o ollo dun golfiño morto varado en Cangas | Fonte: Cemma.

A propia Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños publicou esta impactante fotografía dunha avespa asiática devorando a carne dun golfiño común (Delphinus delphis) aparecido en Cangas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Abella

Eu teño visto estes bichos comendo peixes mortos na ribeira, coellos "perdidos" polos cazadores, restos de galiñas mortas ...