"Salvemos ao golfiño Manoliño: está ferido e a súa vida corre perigo"

Activan unha campaña en Change.org para tentar salvar a este arroás, moi coñecido na ría de Muros-Noia, e que foi ferido cun arpón.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O arroás máis famoso de Galicia xa ten activida unha campaña de apoio na popular rede change.org. Unha campaña que pide á Xunta que actúe e cure ao golfiño Manoliño, ou Confi, como o coñecen na CENMA, tras ser visto cun arpón cravado nas súas costas.  "Aínda que parece non tocar ningún órgano, o tempo corre para el e cada minuto conta. Se non facemos algo rápido a súa ferida pódese infectar e morrer", apunta esta petición.

O arroás Manoliño, ou Confi, como o coñecen desde a CENMA
O arroás Manoliño, ou Confi, como o coñecen desde a CENMA | Fonte: Change.org

Yasmín Rodríguez, que asina o documento en Change.org, lembra que en países como California están ao día deste tipo de rescates e utilizan materiais adecuados ademais de proporcionar os coidados sanitarios que necesita, tras fracasar as tentativas de axudalo en Portosín.  "A organización CEMMA, fixo todo o posible para axudar a Manoliño pero non teñen suficientes recursos", indica.

Por iso, pídelle á Xunta e, en concreto, á Consellería de Medio Ambiente, de que actúe e busque os mecanismos para poñer a salvo ao animal. "Hai outras organizacións locais e internacionais que están a seguir o caso e ofreceron a súa axuda pero necesitan que a Consellería llelo pida formalmente porque se escapa da súa zona de responsabilidade", indica.

Coñece a historia de Confi, ou Manoliña, o golfiño que xa leva case tres anos en augas galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta