Por Europa Press / Redacción | FERROL | 01/08/2023 | Actualizada ás 17:04
Uns quince golfiños tiveron que ser reconducidos na noite deste luns ao exterior da ría de Ferrol tras penetrar de novo neste espazo poucas horas despois de ser levados a mar aberto.
Sobre as 22.00 horas, volveuse a alertar aos integrantes de Protección Civil de que os animais penetraran de novo á ría de Ferrol, concretamente nas proximidades das enseadas de Cariño e San Cristóbal.
Á primeira hora da mañá xa sacaran da zona da enseada da Malata a estes golfiños, utilizando nalgún caso unha embarcación neumática e unha moto de auga para conducilos ás proximidades do porto exterior de Caneliñas.
Previamente, durante a tarde deste luns varios exemplares foron localizados e axudados polos bañistas na praia de Seselle, en Ares, para abandonar a beira, unha situación que se repetiu durante o mediodía deste martes no mesmo areal aresano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.