Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2018 | Actualizada ás 13:16
O presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, calculou que este ano a produción de uva pasará a barreira do seis millóns de quilos, nunhas cifras que reflicten que a colleita deste 2018 "vén normal", despois de que nos últimos anos se tivese que adiantar a vendima ao mes de agosto.
"Este ano vólvese á normalidade e farase --a vendima-- nos tempos en que normalmente se facía", destacou o presidente desta Denominación de Orixe. En función diso, estima que a produción este ano "será superior" á do exercicio pasado, e aventurou que superará os seis millóns de quilos.
"Pode quedar en 5,7 millóns de quilos ou irse a seis millóns e medio. Estaremos a roldar os seis millóns", engadiu. En canto á calidade, Rodríguez non elude que isto tamén vai estar en función "do tempo" e se fai calor haberá "unha calidade moi boa", atrévese a aventurar. O presidente da Denominación Ribeira Sacra puntualizou, finalmente, que a vendima podería comezar na segunda semana de setembro, "cara a mediados" do próximo mes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.