A cantidade recollida foi un 11% superior á do decenio 2015-2024, pero un 4% menos que a de 2023, que foi de marca. Con todo, os datos varían en función da denominación de orixe.
  comenta   0
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
Actualmente hai xa máis 70 millóns de quilos de uva recollidos entre as cinco denominacións de orixe, o que demostra un bo ritmo, dado que as previsións dos consellos reguladores son conseguir 72,5 millóns de quilos.
  comenta   0
A recollida pode chegar ata os 72,5 millóns de quilos, segundo as previsións das cinco denominacións de orixe.
  comenta   0
A axuda será de 1,05 euros por litro de viño destilado e poderán beneficiarse aquelas empresas vitivinícolas elaboradoras de viño tinto amparado pola DO Ribeira Sacra.
  comenta   0
"Destaca a gran calidade da uva, grazas a un agosto caloroso, que permitiu a súa óptima maduración" indica Agustín Lago, director técnico da Denominación de Orixe Rías Baixas
  comenta   0
Federico Enguix, director de operacións de vitiDron, considera que "os drons permiten aos viticultores aforrar un montón de tempo, pois zonificando o espazo podemos dicirlle que zonas están ben e pode pasar máis por alto, e cales son nas que se debe concentrar", de tal maneira que "contamínase menos cos tratamentos e realízase menos gasto nos mesmos".
  comenta   0
Roberto Rivas, presidente da Asociación Galega de Viticultura (AGV), amósase moi preocupado de cara ao futuro pola falta de man de obra, un problema que "cada ano vai a máis", mentres que "os viños galegos cada vez están máis de moda en todo o mundo, sobre todo os brancos".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que "é certo" que existe unha caída "xeral" do consumo de viño que "non é igual en todas as zonas" e que require que as administracións "boten unha man".
  comenta   0
A compañía especializada en recursos humanos Randstad informou da necesidade de incorporar estes traballadores nas zonas do Salnés, Baixo Miño e Rías Baixas, en Pontevedra; en Ribeiro e Valdeorras, en Ourense, e na zona de Vedra, na Coruña.
  comenta   1
UU.AA critica que a Xunta non habilite "medidas extraordinarias" ante un problema que se pode repetir este ano.
  comenta   0
O coñecido debuxante galego xa tivera un contacto anterior coa D.O. Valdeorras ao publicar no 2018 un caderno no que ilustra, con acuarelas e notas escritas, as súas vivenzas nunha vendima. A Feira do Viño será os días 1 e 2 de xuño.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encomiou o traballo destas adegas, cuxa produción foi de case 77,4 millóns de quilos de uva recolleitos.
  comenta   0
En opinión de José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente da D.O., os datos amosan que o territorio amparado “segue a medrar” e que “o interese polo godello aséntase como un dos piares do fortalecemento de Valdeorras”.
  comenta   0
Alcanza os 75,4 millóns de quilos, a maior nunha década. Rías Baixas rexistra a súa marca histórica, con 44,3 millóns de quilos
  comenta   0
A recollida da uva en Ribeira Sacra, que de forma puntual leva a cabo por algunhas adegas desde o pasado 22 de agosto, prolongarase previsiblemente ata outubro, segundo o organismo.
  comenta   0
A Festa da Vendima do Saviñao vai xa pola segunda edición. "Non pretendiamos facer unha festa máis, queriamos un ambiente moi coidado", di o rexedor, Carlos Armesto.
"Os episodios de mildiu xurdidos nos últimos meses deron lugar a unha campaña que, ademais de inferior á do ano pasado, prevese tamén moi desigual. Mentres que para algúns viticultores as perdas foron case nulas, existen casos nos que o volume das mesmas pode dar lugar a reducións da colleita de ata o 50 % para algunhas adegas", apunta a organización.
  comenta   0
As altas temperaturas destas semanas fixeron que se adiantase a recollida da uva respecto doutros anos. Adegas da D.O. Valdeorras como María Teresa Fidalgo ou Bodega Sampayolo vendimaron este domingo 20 uvas da variedade godello.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra aprobou a liquidación pola venda da uva, que vai proporcionar á institución provincial uns ingresos de preto de 47.000 euros.
  comenta   0
Coa cantidade de uva vendimada poderanse producir 4 millóns de litros de viño e 5 millóns de botellas. O presidente do Concello Regulador, José Manuel Rodríguez, celebrou que este foi "un bo ano".
  comenta   0
A Consello Regulador da D.O. Valdeorras dá por rematada a vendima esperando producir arredor de 4,5 millóns de litros de viño. A variedade predominante segue sendo o 'Godello'.
  comenta   0
Tamén defendeu que se establezan mecanismos directos e "constantes" de interlocución co sector e, como exemplo, apostou por unha mesa do viño en cada unha das denominacións de orixe coa participación de produtores, cooperativas e adegas.
  comenta   0
Sobre os incendios deste verán, o conselleiro de Medio Rural expresou que a súa afectación foi "moi pouca" ás adegas
  comenta   0
Estas declaracións poderán efectuarse directamente polos consellos reguladores ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), previa autorización dos viticultores implicados.
  comenta   0
A campaña da vendima 2021 conclúe oficialmente para esta Denominación de Orixe cun total de 7.097.379 quilos de uva recollidos. O Godello segue a ser a variedade raíña en cando a cantidade.
  comenta   0
Unións Agrarias reclama á Xunta que as axudas públicas a adegas estean condicionadas a que cumpran con contratos de longa duración.
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural lembrou aos produtores que se poden acoller á orde de axudas que convocou o Goberno galego en xaneiro para fomentar os seguros agrarios e que conta cunha dotación de 6 millóns de euros.
  comenta   0
O Consello Regulador da D.O .Valdeorras, tras a reunión do venres 27 de agosto, aprobou as normas da vendima 2021 para vedores, adegas e explotadores. Valdesil será a primeira adega en iniciar os traballos.
  comenta   0
O obxectivo destes controis, que cumpren o seu terceiro ano, é velar pola calidade dos viños galegos, segundo incide a Administración autonómica nun comunicado.
  comenta   0