A Xunta destaca a "extraordinaria calidade" da uva na vendima deste ano

Sobre os incendios deste verán, o conselleiro de Medio Rural expresou que a súa afectación foi "moi pouca" ás adegas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou a "extraordinaria calidade" da uva do cinco denominacións de orixe na vendima deste ano, que "vén algo adiantada".Nunha visita á adega Ladairo, en Oímbra (Ourense), o conselleiro subliñou que as choivas destes días, "se veñen con pouca intensidade", poden axudar "a mellorar a calidade do produto" que nesta campaña "é excepcional".

Igualmente, puxo en valor a alta calidade de viños como os da DO Monterrei para a súa consolidación do sector en diferentes mercados. Sobre os incendios deste verán, o conselleiro de Medio Rural expresou que a súa afectación foi "moi pouca" ás adegas, máis aló de "algún viñedo afectado" en zonas como Oímbra.

Acio de uvas nunha viña da D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO Valdeorras.
Acio de uvas nunha viña da D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta