As 400 adegas galegas tiveron unha das vendimas máis abudantes da última década

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encomiou o traballo destas adegas, cuxa produción foi de case 77,4 millóns de quilos de uva recolleitos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/10/2023 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encomiou o traballo das 400 adegas galegas durante a actual vendima, que foi "unha das máis abundantes da última década" tras alcanzar case 77,4 millóns de quilos de uva recolleitos.

O mandatario galego visitou este sábado a segunda edición da Festa da Vendima de Monterrei, onde estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, segundo recolle nun comunicado o Goberno autonómico.

Alí, estendeu a súa felicitación á Denominación de Orixe da zona por chegar a "unha marca absoluta" en recollida de uva con 7 millóns de quilos, datos que, segundo Rueda, están acompañados de "as boas perspectivas" que se teñen a nivel de "produción e calidade".

Deste xeito, cualificou de "espectacular" a colleita de 2023 que, di, permitirá "engrandecer a marca Galicia Calidade tan característica dos caldos galegos".

Alfonso Rueda na súa visita á Feira da Vendima de Monterrei
Alfonso Rueda na súa visita á Feira da Vendima de Monterrei | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta