Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 17:38
As treboadas de sarabia caídas na tarde noite deste martes provocaron danos nas vides da Denominación de Orixe do Ribeiro que "aínda están por avaliar", segundo afirmou o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, Juan Manuel Casares. Respecto diso, a Xunta anunciou o despregamento dos seus técnicos para cuantificar os anos.
"Ten que escampar o tempo para comprobar a magnitude dos danos", afirmou o presidente da denominación de orixe, á espera do que pase este mércores, día no que tamén se prevé que volvan as treboadas.
Juan Manuel Casares relatou as zonas que previsiblemente se viron danadas. "Afectou a zonas moi circunscritas de Gomariz en Leiro, de Cabandelas en Carballiño, Pazos de Arenteiro en Boborás e Riobó en Cenlle", informou.
Á espera de confirmar as desfeitas, o presidente da DO recoñeceu que a situación se agrava ante o inminente inicio da vendima. "En dez ou quince días comezaría a maior actividade de recollida da uva na zona", destacou.
PREOCUPACIÓN
A preocupación das treboadas esténdese a outras Denominacións de Orixe como a de Valdeorras na cal algunhas adegas xa empezaron a vendimiar.
A sarabia tamén provocou desfeitas noutros produtos agrícolas principalmente destinados ao autoconsumo que están en plena maduración nestes días como é o caso dos tomates.
TÉCNICOS DA XUNTA
Pola súa banda, a Xunta despregou aos técnicos da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) pola zona do Ribeiro na que se rexistrou o episodio de sarabia, co fin de realizar unha primeira avaliación provisional dos danos e asesorar aos viticultores e adegas afectadas.
Estes profesionais, segundo informou a Consellería de Medio Rural nun comunicado, encargaranse de orientar aos produtores prexudicados sobre os tratamentos que deben levar a cabo nos viñedos con maior celeridade e sobre as prácticas máis aconsellables, co obxectivo de minimizar as perdas.
Neste sentido, a Evega advirte de que é necesario "adoptar as medidas preventivas coa aplicación de bioprotectores ecolóxicos sen prazo de seguridade ou de baixo prezo", co fin de frear no posible os danos nos acios e sen que afecte á hixiene da colleita.
Ao tempo, a Consellería de Medio Rural lembrou aos produtores que se poden acoller á orde de axudas que convocou o Goberno galego en xaneiro para fomentar os seguros agrarios e que conta cunha dotación de 6 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.