Arden as redes: Rober Bodegas, humorista vs. Sinaí Giménez, autodenominado “príncipe dos xitanos”

A polémica polo monólogo do humorista carballés sobre “payos y polígonos” encendeu os ánimos dentro da comunidade xitana. Mentres, o Consello Estatal do Pobo Xitano pide "serenidade" cando se están tramitando denuncias contra Bodegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A rede social Twitter é o escenario da indignación de Sinaí Rodríguez, presidente da Sociedad Gitana Española (SGE), e autodenominado "príncipe" dos xitanos, a pesar de ser condenador por ter extorsionado a algúns deles. Así, ao pouco de ter noticia do comunicado, SGE presentaba unha denuncia contra o humorista, pois consideraban que o monólogo  era un "acto de racismo, xenófobo e que xera odio cara as persoas da nosa etnia". Ademais tamén pediron o veto de Bodegas en espectáculos de humor.

Rober Adegas en Comedy Central. COMEDY CENTRAL - Archivo
Rober Adegas en Comedy Central. COMEDY CENTRAL - Archivo

O  humorista de Carballo ao ver a polémica que se desenvolvía logo do seu monólogo, pedía desculpas en Twitter. Non obstante, na mesma conta de Sinaí Giménez, quen fora candidato nas municipais de 2015 para a alcaldía de Vigo acadando nulos resultados, no que consideraban que “as desculpas e a petición de retirada do vídeo co monólogo” feita por Bodegas, non era abondo. Todo isto logo de que Bodegas denunciase “400 aemazas de morte, miles de insultos e batidas” para “buscar vinganza”.

As reaccións foron moi variadas. Unha a do ministro de Ciencia, Pedro Duque. Na súa conta de Twitter, Duque consideraba “aberrante” ameazar a cómicos por “un par de bromas”. As mencións directas contra Giménez mencionaron os acontecementos sobre o mercado de Pontevedra, cando Giménez e xentes próximas a el foran acusadas de ameazas e de ameazas no mercadiño de Pontevedra.

Rober Bodegas, mentres, agradecía todo tipo de apoios recibidos, mesmo dalgún cómico xitano. Noutro dos seus twitts afirmaba que o seu monólogo non era outra cousa que enviar a mensaxe de que ningún tema debera estar vetado no humor. Non obstante, nun dos últimos twitts, Bodegas sinalaba “me voy que tengo muschos mensajitos que enseñarle a @policia” para acabar cun “Abrazos a todos/as y recordad: No hagáis chistes de gitanos”.

O CONSELLO ESTATAL DO POBO XITANO PIDE "ACOUGO"

Sinaí Giménez
Sinaí Giménez

O Consello Estatal do Pobo Xitano lanzou este mércores 29 de agosto unha mensaxe de "acougo" e "serenidade" mentres os organismos competentes estudan a posibilidade de dar trámite a varias denuncias interpostas por asociacións do pobo xitano contra o humorista Rober Bodegas, ao que acusan dun delito de odio polo seu monólogo "racista".

Nun comunicado, este órgano colexiado interministerial e consultivo, integrado por unha vintena de organizacións do movemento asociativo xitano, agradece as "incontables mostras de apoio" ao colectivo contra estes feitos que "perpetúan" estereotipos e "volven converter en felpudo a honorabilidade do pobo xitano como minoría étnica para facer rir".

Concretamente, a Federación de Asociacións de Mulleres Xitanas Fakali presentou este martes unha denuncia ante a Fiscalía Provincial de Madrid contra o humorista, ao que acusan de "incentivar o odio, o racismo e a discriminación, amparándose na liberdade de expresión" e "con intencionalidade de alimentar os falsos mitos" sobre a comunidade xitana.

As organizacións do Consello Estatal do Pobo Xitano critican que o propio humorista, que pediu desculpas nun comunicado e retirado o vídeo, tamén advertiu de que foi vítima de máis de catrocentas ameazas de morte por este vídeo, "sen pór denuncia algunha".

O Consello lembra que hai outros colectivos, como o das persoas con discapacidade ou as vítimas de violencia de xénero, entre outros, que "tamén sufriron as mesmas provocacións" por parte de Bodegas, "apoiándose nunha liberdade de expresión que non soubo ou non quixo controlar, buscando unha notoriedade que sen o apoio dos medios de comunicación non conseguiría".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Sinaí Giménez aproveitando outra oportunidade de blanquear a imaxe para se presentar as vindeiras eleccións (?) Só falta que tamén se presente Oubiña para financiar a campaña !!!

2 autoritarismo non!!!

en outros sitios tamen ha censura, non deixan falar libremente, o que pasa e que o pobo zíngaro e victima do racismo houbo un xenocidio de Hitler que foi escondido, pois os nazis asasinaron a medio millón de xitanos de europa e ninguen dixo nada ... o único que digo e que os xitanos teñen que ser galegos como xa se indica no expañois... pois había conflictos con zamoranos, xa nos sacaron o bierzo e moitos pobos, nos fixeron daño os galegos, sabemos que o mal ven de expaña... facer chistes fáciles e de liberdade de expresión, pero non sexan falsos outros tamen coartan a liberdade, si os chistes chegan ser de xudaicos seguro que non se emite nada, pero claro tampouco podes ameazar de Morte o chistoso, ANDA E VAI FACER CHISTES DO PARTIDO POPULETA E LIDERES HABER QUE PASA ADEGAS.... liberdade de expresión e revolución!!!!

1 cesc

Ánimo, crack.