A Coruña acolle este sábado as oposicións da Axencia Tributaria para as persoas con discapacidade intelectual

A convocatoria, de ordenanza, está destinada a cubrir en toda España 20 postos laborais en distintas sedes do país, entre elas A Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/09/2018 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Facultade de Dereito do campus de Elviña da Coruña acolle este sábado as oposicións da Axencia Tributaria para persoas con discapacidade intelectual, segundo informa a Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga).

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

A convocatoria, de ordenanza, está destinada a cubrir en toda España 20 postos laborais en distintas sedes do país, entre elas A Coruña. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba esta convocatoria o pasado 21 de maio, realizada en exclusiva para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Na Coruña, terán lugar as probas ás 12,00 horas.

En total, 86 usuarios do servizo de emprego e formación da federación aspirarán a conseguir á súa praza. Delas, 67 chegarán procedentes de Santiago, 10 de Lugo, 3 de Ourense e 6 de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta