Por E.P. | A CORUÑA | 14/09/2018 | Actualizada ás 18:33
"Ou, no seu caso, conceder as axudas económicas equivalentes conducentes á amortización efectiva do dito empréstito", sinala sobre a débeda contraída en relación coa execución da dársena exterior.
Así se recolle no texto da declaración aprobada este venres, que vai na liña do acordo unánime alcanzado no Parlamento galego o pasado 12 de setembro. Nel, tamén se solicita ao Ministerio de Fomento a convocatoria da comisión de seguimento do convenio co fin de negociar un protocolo de colaboración que teña por obxecto a revisión dos convenios de 2004 e do Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2013.
Ademais, a Deputación insta a Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a constituír un ente público para a xestión dos peiraos que quedan desafectados e a garantir a conexión ferroviaria con Punta Langosteira.
OUTROS ASUNTOS
Noutra orde de cousas, o pleno deu luz verde á proposta do goberno provincial para aplicar unha nova moratoria de dous anos na devolución dos empréstitos que 76 concellos coruñeses solicitaron nos exercicios 2015 e 2016 ao amparo do Plan de Aforro e Investimento (PAI).
Trátase a segunda vez neste mandato que o goberno provincial amplía o prazo de devolución do PAI, un programa de créditos sen intereses que a Deputación puxo a disposición dos concellos para facilitar a amortización da súa débeda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.