Wikipedia xa ten asociación de amigos e amigas en Galicia

Os estatutos para este grupo están encamiñados a facilitaren o traballo das persoas que realizan tarefas de edición na enciclopedia dixital.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2018 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Editores e editoras da Wikipedia reuníronse no Centro Sociocultural das Fontiñas en Santiago de Compostela, para asinar os estatutos de creación da Asociación de Amigos e Amigas desta plataforma de coñecemento en Internet.

Símbolo de Wikipedia.
Símbolo de Wikipedia.

“Foi unha reunión na que se lle deu visto e prace aos estatutos para logo presentar toda a documentación na Administración, pero realmente xa está creada” di Elisardo Juncal, coordinador do encontro en Santiago.  Así pois “máis de trescentas persoas segundo as estatísticas” di Juncal “son as que traballarían hoxe en día na Wikipedia en galego”.

Preguntado sobre se existe un perfil especial para quen edita na Wikipedia, Juncla responde que “non, certamente non se sabe, porque para entrar os requisitos son os mínimos, un nome de usuario que mesmo pode ser inventado, e un contrasinal, non hai datos especiais”.

Actualmente o peso de artigos na enciclopedia, polo número dos mesmos e a súa calidade, Elisardo Juncal di que a páxina en galego estaría nun termo medio. “Pero  polo número de usuarios que temos, podemos dicir que estamos ben situados”. O que si non cambia é que ninguén cobra por editar, “son todos voluntarios, en todas as linguas onde cada quen pon o seu esforzo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta