Anova prepara as municipais á marxe do acordo entre Podemos e IU

A formación nacionalista, integrada en En Marea, manterá unha xuntanza en Ourense con representantes das mareas municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/09/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Anova puxo a andar a maquinaria electoral de cara ás municipais. O líder de Anova, Antón Sánchez, participará nunha reunión con representantes de Ourense en Común, Ribeiro en Común e Alternativa Veciñal do Carballiño. Será este martes e o obxectivo é definir o traballo municipal de cara a asumir o horizonte 2019.

Antón Sánchez, portavoz nacional nacional de Anova
Antón Sánchez, portavoz nacional nacional de Anova

Na xuntanza, Anova amosará o seu apoio a estes “procesos de Unidade Popular consolidados” nos que participan militantes da formación a nivel individual. “Entendemos que é fundamental traballar de forma colaborativa coas mareas municipalistas de cara a un ano marcado por unhas eleccións municipais decisivas para o noso espazo político”, apunta a formación.

Así, insiste na necesidade manter os “elementos definitorios” deste espazo, “marcados por unha aposta de democracia radical xunto con programas transformadores”. Con todo, a aposta de Anova por este movementos municipalistas choca coa estratexia de Podemos e IU de tentar presentar candidaturas baixo as siglas Unidos-Podemos, tal e como acordaron as direccións dos dous partidos en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 pudimos

Antón, vai apagar o lume que che arde Bergondo https://amp.laopinioncoruna.es/gran...

1 señores!!!! señores!!!!

Las heridas de esa crisis siguen abiertas y el actual acercamiento de Anova a la marea ourensana es fruto del interés de la dirección nacional de ese partido. De hecho, la reunión que tendrá lugar hoy se ha organizado sin consultárselo previamente a las bases de la formación en Ourense. «Resulta curioso que os membros dunha asemblea non se enteren das actividades que fai o seu partido», criticó ayer Alfonso Diz, uno de los más destacados dirigentes del partido en la ciudad, que no quiso hacer más declaraciones al respecto.