Politicamente dará igual quen teña a culpa do accidente de "O marisquiño", o que realmente importa politicamente é o que lembre ou queira lembrar o cidadán á hora de votar, e Abel utiliza como ninguén aquilo de "un cravo saca outro cravo", aproveitando a memoria de peixe que politicamente ten a cidadanía
Agora Vigo converterase en récord Guinnes á hora de celebrar o nadal, en Vigo comezaranse a montar as luces do Nadal en pleno verán, e o alcalde reta a outros alcaldes de cidades renombradas, a que os seus adornos do Nadal serán pouca cousa comparados cos de Vigo
Non me cabe a máis mínima dúbida de que así será, o alcalde de Vigo tapará con diñeiro público os recordos dos cidadáns, montará un espectáculo auténtico co cal poder explicar que "somos a mellor cidade do mundo"...a maioría compraralle o produto....mentres existe tal malgasto seguirá habendo en Vigo familias desafiuzadas, en pobreza enerxética, e mesmo persoas sen fogar ou sen ter que levar á boca.
Mentres a cidadanía contempla exhorta o espectáculo de luces que o noso afamado alcalde colocará na cidade cos nosos diñeiros, e mentres a xente "esquece" e pasa por alto o accidente de "O marisquiño", estarase a cociñar outra traxedia, (quen sabe se con mortos), no paseo de Bouzas, polo seu estado de mantemento deplorable, porque os diñeiros non son para esas cousas, os diñeiros son para montar competicións de luces do Nadal con outras cidades do mundo
Non obstante o anterior, o certo é que si que haberá finalmente unha investigación política do suceso de "o marisquiño" grazas aos votos a favor de EnMarea e BNG, no Parlamento de Galicia, que tentará determinar as causas e as responsabilidades políticas no devandito accidente, ocorrido o 12 de agosto, e ante esta actuacion vexo asombrado como agunos " politicos nada recomendables" como o Concelleiro de Vigo, Santos Hector de participacion cidadá, que ten ao seu xefe de servizo interino, o señor Francisco Orue, que vai ser xulgado por falsificacion de documento publico e malversación de fondos públicos, e para o que se pide desde fiscalía, (unha fiscalía amiga), 8 anos de prision polo falso emprego da cuñada da señora Carmela silva...sae á palestra querendo dar clases de honestidade ao resto do mundo
Poida que Santos Héctor esquecese que o xuízo por corrupcion que pide 8 anos de cárcere para o seu xefe de persoal suspendeuse o 15 de maio por causas técnicas, e que esta pendente de fixar nova data, pero aínda que o esqueza existirá un xuízo onde a súa man dereita, e persoa de confianza de Abel Caballero, sera xulgado por corrupto...por iso creo que Santos Héctor non é o mais adecuado para pedir nada relacionado con contratos
Moito me temo que a comision de investigación de "o marisquiño" vai ser encadrada por parte do Alcalde e a súa tropa, e será presentada ante a opinion publica como un ataque contra Vigo na mesma senda e co mesmo transfondo do que fixo Pujol no caso da quebra de banca catalá...non é descartable que mesmo asistamos a algunha concentracion ou manifestacion de adhesión ao líder ultrajado e victima dunha persecución sen limites
En resumo, tras un accidente ocorrido en Vigo por mera neglixencia das nosas administracións, e cunha parte de responsabilidade altísima do Concello de Vigo e o seu alcalde, todo quedará en nada grazas á habilidade ilusionista do señor Caballero en facer escapismo, contando coa inestimable axuda da corrupción existente que servirá para que o fiscal xefe da área de Vigo, Susana Barreiro, mire para outro lado, e especialmente pola falta de imparcialidade de parte da prensa e a falta de memoria de gran parte da cidadanía....total que mais da, se o que realmente importa son as luces de Nadal