Novo traslado do 'O Chicle' a un cárcere de León por seguridade

Este cambio de centro penal obedece a motivos de seguridade do preso, pola súa coincidencia no cárcere con persoas vinculadas ao narcotráfico ás que José Abuín Gey delatou no seu momento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2018 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

Segundo confirmaron  fontes de Institucións Penitenciarias, o preso foi trasladado durante a xornada deste xoves desde o cárcere pontevedrés da Lama, onde se atopaba interno, até a prisión de Mansilla de las Mulas, en León, e permanece no módulo de ingresos.

Saída de 'O Chicle' do xulgado de Ribeira (A Coruña). EUROPA PRESS - Archivo
Saída de 'O Chicle' do xulgado de Ribeira (A Coruña). EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Este cambio de centro penal obedece a motivos de seguridade do preso, pola súa coincidencia no cárcere con persoas vinculadas ao narcotráfico ás que Abuín Gey delatou no seu momento. Isto, unido á repercusión do caso de Diana Quer, fixo recomendable o seu afastamento de Galicia.

Tras a súa detención, nos últimos días de decembro do ano pasado, 'O Chicle' foi internado no cárcere de Teixeiro (A Coruña), desde onde foi trasladado á Lama iniciado o mes de xaneiro pola coincidencia con presos do clan vinculado ao narcotráfico ao que delatara- Con todo, na Lama deuse unha situación similar, o que levou aos responsables desta prisión a solicitar o seu traslado a un terceiro cárcere, fóra de Galicia.

DILIXENCIAS PENDENTES

O traslado non puido facerse até agora debido a que os xuíces que instrúen as causas pendentes do Chicle --pola morte de Diana Quer, pola agresión a unha moza en Boiro e pola suposta violación da súa cuñada-- consideraban necesario mantelo en Galicia por se debía participar nalgún tipo de nova dilixencia.

A decisión de trasladalo fíxose efectiva días despois de que o xulgado de Ribeira emitise o auto de peche de instrución da investigación pola agresión ocorrida en Boiro o día de Nadal e na que se acusa a 'O Chicle' dos delitos de retención ilegal e agresión sexual en grao de tentativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta