A folga de xustiza fixo caer o número de desafiuzamentos en Galicia un 52,7%

A nivel estatal, o número de desafiuzamentos aumentou un 1,7%

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O número de desafiuzamentos practicados no segundo trimestre de 2018 en Galicia caeu un 52,7 por cento ao pasar de 732 a 356, segundo datos publicados este luns polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Unha situación que, segundo o informe do TSXG ten que ver coa folga de funcionarios de xustiza desenvolvida en Galicia entre febreiro e abril do presente ano.

Xulgados de Pontereas. EUROPA PRESS - Archivo
Xulgados de Pontereas. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Así, o número de execucións hipotecarias iniciadas no segundo trimestre de 2018 aumentou un 70,7 por cento respecto ao ano anterior, unha cifra que para o TXSG tamén é consecuencia das mobilizacións dos traballadores.

Dos 346 lanzamentos, 96 producíronse como consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, 134 menos que en 2017. Tamén caeu o número de trámites relativos á Lei de Arrendamentos Urbanos (244 polos 477 do período anterior) e aqueles encadrados no apartado de 'outras causas' (6 por 25).

CONCURSOS

Así mesmo, segundo os datos do informe trimestral do TSXG, os concursos mercantís continúan a súa tendencia á baixa e caeron 3,9 por cento ao rexistrarse 74, tres menos que en 2017. En canto aos concursos de persoas naturais non empresarias, presentáronse 28 casos entre abril e xuño, un 8,5 por cento máis que o período anterior.

O número de EREs tamén descende con 7 fronte aos 10 de 2018, do mesmo xeito que cae o número de demandas por despedimento no segundo trimestre, no que se produciron 1.406 (1,8 por cento menos).

DATOS ESTATAIS

En España, o número de desafiuzamentos situouse en 17.152, o que supón un aumento do 1,7% respecto ao mesmo período de 2017, após catro trimestres de reducións interanuais, segundo o estudo os 'Efectos da crise económica nos órganos xudiciais' que publicou a Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta