Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/10/2018 | Actualizada ás 11:56
PROSAGAP ( Sindicatode Profesionais da Sanidade Pública Galega) denuncia a “situación de malos tratos laborais e consecuentemente malos tratos asistenciais” que están a sufrir os profesionais e usuarios do servizo de Urxencias do CHUS tras a posta en marcha neste centro dun novo plan funcional organizativo do Servizo.
“Durante este mes, este novo plan tivo que ser modificado día tras día tras poñer en evidencia as traballadores situacións críticas no servizo , dando lugar a que a día de hoxe os profesionais atópanse desconcertados, desorganizados e sometidos a un estres laboral insoportable “, denuncia este sindicato nun comunicado.
Así mesmo, PROSAGAP denuncia a actitude de deixamento de funcións da actual xerente Eloína Nuñez Masid, que non acudiu ás reunións, e do equipo xerente por “inhibirse” da problemática e deixar todo en mans do coordinador do servizo e supervisoras. Por iso, esixen un plan funcional para o servizo de urxencias adaptado á demanda real existente, con dotación de persoal estable e os recursos materiais que un servizo deste nivel necesita, así como a asunción de responsabilidades do actual equipo xerente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.