Villegas: “Ciudadanos esta vivindo un momento doce en Galicia”

O secretario xeral do partido laranxa transmitiu o seu apoio a Olga Louzao para a alcaldía de Lugo e asegura que esta formación vive un momento de "crecemento" en Galicia. “Cada día máis xente se achega a nós", di.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/10/2018 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Galicia converteuse en obxectivo prioritario para Ciudadanos, sabedores de que aquí seguen sendo unha forza aínda residual, fronte o que acontece, por exemplo, en Cataluña, onde son a primeira forza política, ou Madrid, comunidade na que co-gobernan co PP. É por isto que nas últimas semanas a formación laranxa vén facendo xa pre-campaña electoral para atraer máis simpatizantes, afiliados e futuros votantes. Segundo os de Albert Rivera, están a "vivir un momento doce en Galicia". Está por comprobalo nas urnas das municipais de 2019.

José Manuel Villegas e Olga Louzao, de Ciudadanos, en Lugo
José Manuel Villegas e Olga Louzao, de Ciudadanos, en Lugo | Fonte: Cs.

Nesta estratexia por aumentar o seu peso e músculo en Galicia, Ciudadanos enviou a Lugo ao secretario xeral do partido, José Manuel Villegas,. Durante a súa visita asegurou que “cada vez máis xente se achega a nós e confía en nós, e estamos convencidos de que ese crecemento vai ver reflectido nas próximas eleccións municipais cuns grandes resultados”.

Segundo Villegas, “Ciudadanos está a vivir un momento doce e de crecemento en Galicia”. Vén así a reforzar o xa expresado días atrás por Olga Louzao, portavoz autonómica deste partido en Galicia e portavoz no Concello de Lugo, que pretende gobernar tras as municipais da próxima primavera. Louzao anunciou o pasado 10 de outubro que Ciudadanos superou os 7.000 afiliados e consolidou preto de cen agrupacións en Galicia, cun crecemento do "200 por cen" este último ano, e coa perspectiva de obter representación en concellos das catro provincias e nas sete grandes cidades nas próximas eleccións municipais.

O secretario xeral de Ciudadanos transmitiu o seu apoio ao traballo que o partido está a levar a cabo en Galicia e na cidade de Lugo da man de Louzao. “Cremos que Lugo se merece un cambio despois de tantos anos de goberno do mesmo partido [PSOE] e en Lugo, igual que en España, que o PP substitúa o PSOE ou que o PSOE substitúa o PP xa non é un cambio, o cambio é que goberne Ciudadanos e queremos que Lugo sexa unha das cidades nas que Ciudadanos poida gobernar despois das próximas eleccións”, expresou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 comunista independentista

Preocupante o avance da ultradeita. En calquera momento Cs fará un sorpasso electoral ao Bloque. Ai, non! Que xa llo fixeron nas dúas últimas Xerais! Quen lle fará o seguinte sorpasso electoral ao Bloque? O Pacma ou Vox? Pero xa saben: a culpa é de calquera menos da UPG.

2 Pablo Sg

Espero que el ejemplo de nueva política no sea Olga Louzao, es mas de lo mismo, la politica mas rancia. Investiguen en el Ayuntamiento de Lugo , su partido ysu sindicato Agora. Intentaron llegar para quedarse pero se les conoció muy rapido.

1 Ciudadanos eticos?

Ciudadanos en Lugo ni está ni se le espera. Olga Louzao es hermana del asesor juridico del Ayuntamiento, puesto por Lara Méndez. Este funcionario estaba investigado por la jueza De Lara por su puesto en contratación, y así le nombraron igualmente asesor juridico, un cargo directivo, todos estuvieron de acuerdo. El otro concejal, exsindicalista de CCOO, se gestionó su sueldo, en una categoría de las mas bajas del Ayuntamiento, cobra más que un administrativo. Este fue de los pocos que hicieron carrera professional en el Ayuntamiento de Lugo, plagado de ilegalidades, confirmado por distintas sentencias. Estos candidatos de Ciudadanos no pueden presentarse como los adalides de la etica, no la conocen.

1 Voxglorylakenolica

Cidadans Etilicos..diria eu...