A maioría dos galegos rexeita as granxas de pel segundo unha estudo feito en outubro

O estudo foi realizado polas organizacións Fundación Franz Weber e Libera cunha mostra de 600 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2018 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Unha enquisa realizada pola Fundación Franz Weber e a asociación Libera desvelou que o 87 por cento dos galegos está en contra das granxas peleteiras na Comunidade Segundo informan as organizacións, o estudo realizouse entre os días 5 e 23 de outubro a un total de 600 persoas a través de chamadas telefónicas e entrevistas a pé de rúa nas que se lles expuña a seguinte cuestión: "Considera que se deben reconverter as granxas peleteiras polo seu impacto sobre animais e medio natural?".

visóns engaiolados
visóns engaiolados | Fonte: mascoteros

Así, os animalistas celebran que, en Galicia, o rexeitamento a estas instalacións aumentou "en catro puntos" desde a última enquisa, celebrada en febreiro de 2016 a 400 cidadáns.  "En dous anos de campaña foron miles as persoas que se sumaron ao compromiso de non adquirir produtos peleteiros ou conformados por partes destes, como algúns abrigos que conteñen pel animal, mentres que a Xunta non lexislou en absoluto para restrinxir o número de granxas ou as súas condicións de benestar animal e seguridade", esgrimen as asociacións.

Neste sentido, os animalistas contrastan esta actitude da Administración autonómica cos "avances logrados en Europa". Segundo explican, República Checa e Serbia prohibirán estas granxas en 2019, mentres que Bélxica anunciou o propio para 2023, Holanda para 2024, Noruega en 2025 e Bosnia-Herzegovina en 2029. E é que, para a Fundación Franz Weber e Libera, resulta "obvio que con 31 granxas peleteiras" que, calculan, hai actualmente en Galicia, a Comunidade "se converteu no refuxio das empresas que se marchan doutros países do continente".

CASE 260.000 ANIMAIS EN EXPERIMENTOS

Por outra banda, as organizacións alertan de que entre os anos 2014 e 2017 foron utilizados para a experimentación en Galicia case 260.000 animais, desde ratos --a "ampla maioría"-- até cans, ovellas ou porcos. Os animalistas aseguran que estas cifras figuran en documentación entregada pola Xunta como resposta a unha solicitude de información. Así, ambas as organizacións consideran que o Executivo autonómico "debería promocionar unha verdadeira estratexia de redución" destes procesos.

O Goberno galego "podería conformar unha verdadeira plataforma libre de experimentación animal para atraer mozos investigadores e fomentar as patentes conxuntas para o combate de doenzas e enfermidades baixo criterios de non empregar animais no proceso de procura de resultados", suxiren.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta