Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/10/2018 | Actualizada ás 20:27
O líder de C'S segue utilizando a históricos socialistas para tentar erosionar o proxecto socialista de Pedro Sánchez. E un desas figuras, á que tanteu e aínda tantea para formar parte do seu proxecto é o ex alcalde coruñés Paco Vázquez. “Cónstame que Paco Vázquez é constitucionalista e ségueo sendo a pesar do sanchismo”, dixo del este luns Albert Rivera.
O dirixente do partido laranxa quixo lembrar no transcurso da rolda de prensa posterior á reunión do Comité permanente do partido que o vindeiro 6 de novembro estará con Vázquez na Coruña nunha conferencia-coloquio no que se buscarán “os puntos que nos unen aos constitucionalistas sexan do partido que sexan”.
Rivera referiuse a Paco Vázquez como alguén próximo, co que, dixo “manteño relación persoal e co que falei en varias ocasións sobre estes temas e cónstame que é constitucionalista e ségueo sendo a pesar do sanchismo”. “Quero compartir espazo e valores escoitando a xente que ten experiencia”, dixo deste acto. “Para alguén coma min e para moitos constitucionalistas, é un luxo poder escoitar as reflexións dun socialista de pro, tantos anos alcalde e constitucionalista, como é Paco Vázquez”, insistiu.
OUTROS SOCIALISTAS AFÍNS
Na mesma liña, Rivera referiuse ademais a outros "socialistas que si son constitucionalistas a diferenza do señor Sanchez que non o é" e que xa hai tempo apoiaron a plataforma de España Cidadá, a nova plataforma impulsada por esta formación en Cataluña e que lidera o ex primer ministro francés Manuel Valls.
“Cónstame que hai outros socialistas como Corbacho que xa nos apoiou na plataforma, e outros socialistas que tamén son constitucionalistas como é o caso de Nicolás Redondo ou outros moitos líderes socialistas cos que eu me sinto partícipe dun proxecto constitucional”, suliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.