Son máis caros os xoguetes no Nadal?

Co Nadal á volta da esquina, cómpre saber cales son os agasallos para nenos que suporán un maior gasto e cando é a mellor época do ano para mercalos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/11/2018 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Co Samaín vencido, o Nadal xa vai achegándose. En pouco máis de mes e medio comeza esa tempada do ano chea de luces, reencontros e agasallos. E, se falamos de agasallos, os xoguetes son os protagonistas indiscutibles desta categoría. Nun artigo de Idealo Magazín, analízase canto soben de prezo estes artigos no Nadal e cando poderiamos mercalos por unha cantidade inferior

Espazo infantil con xoguetes
Espazo infantil con xoguetes

A demanda de xoguetes durante a tempada de Nadal aumenta ata situarse cinco veces por riba do valor normal. Boa parte do mercado destes produtos concéntrase nestas datas. Polo tanto, a oferta tamén medra considerablemente. Que pasa entón cos prezos?

OS PREZOS DISPÁRANSE

Aproveitando este aumento de demanda, o importe que debemos aboar por eses artigos increméntase de xeito notable moitas veces. A análise desenvolvida por idealo Magazín céntrase en cinco categorías: bonecas, LEGO, Playmobil, peluches e Barbies. Cales destes produtos se encarecen máis?

Se ben todos estes xoguetes son máis caros durante o Nadal que durante o resto do ano, as bonecas Barbie son as que encabezan esta suba de prezo. No mes de novembro -o máis caro da tempada-, os artigos de Barbie pasan a custar un 67,65% máis ca en abril -o mes máis barato-. Pola súa parte, os peluches e mailas bonecas ven o seu prezo incrementado nun 43,90% e un 37,84%, respectivamente. Os típicos xoguetes de LEGO ou os Playmobil achéganse a unha diferenza de prezo do 30%.

Canto soben de prezo os xoguetes en nadal?
Canto soben de prezo os xoguetes en nadal? | Fonte: Fonte: idealo

En termos monetarios, esa variación podería supoñer uns 80 euros de diferenza en función do mes no que mercásemos o xoguete. 

Se a comparativa a facemos entre o mes máis caro do Nadal (novembro) e a media anual, o aumento de prezo sitúase no 10,02% para todas as categorías estudadas. 

COMO PODEMOS AFORRAR?

O consello máis útil para aforrarmos coas compras navideñas é aquel que máis se repite: mercar con antelación. En base ao estudo da citada revista, os meses máis axeitados para adquirir xoguetes serían os abranguidos no período marzo-agosto. 

Outra das técnicas recomendadas é a de comparar prezos: debemos estar atentos ás oscilacións de prezos en función da época do ano, pero tamén en función da canle de compra elixida. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta