O gasto militar europeo: a debate en Galicia

A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo acode a Santiago para tratar a cuestión do investimento armamentístico.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/11/2018 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

As negociacións europeas en materia de gasto militar e armamentístico chegan mañá a Compostela en forma de coloquio. A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europa e eurodeputada do Die Linke alemán, Sabine Lösing, expoñerá a súa visión crítica acerca do investimento da Unión Europea neste aspecto. A charla, titulada "Con esta Europa non hai paz. Non ao gasto militar", terá lugar este xoves 8 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas (USC), ás 20.00 horas. Acompañarán a Lösing a organizadora do evento, a eurodeputada Lidia Senra, e o catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence. 

Cartel do acto organizado pola eurodeputada Lidia Senra / Fonte: GUE/NGL
Cartel do acto organizado pola eurodeputada Lidia Senra / Fonte: GUE/NGL

Senra considera que cómpre pór de manifesto como as institucións europeas "están comprometendo a paz na UE". Asegura que "as cifras destinadas á militarización e ao reforzo da industria armamentística non deixan lugar a dúbidas", di en alusión ao Marco Financeiro Plurianual para o período 2021-2027. 

Sabine Lösing sumarase a esta perspectiva discordante coas decisións da UE sobre un maior gasto de militarización. Será a primeira vez que se poida escoitar a Lösing en Galicia e a charla contará con servizo de tradución simultánea do alemán ao galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta