Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/11/2018 | Actualizada ás 19:53
A lingua galega segue a súa expansión no Bierzo e Sanabria (León). Por segundo ano consecutivo, o alumnado de galego aumentou, até alcanzar os 1.112 estudantes que cursan esta materia no ano escolar en curso.
O pasado curso foran 1.101 os alumnos matriculados en galego, e 980 no 2016/2017. O incremento confírmase nos datos relativos ao ensino infantil e primario, que pasan de 905 matriculados a 927, e nos da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, que pasou de 44 a 52 alumnos.
Os datos foron valorados na comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos de Galicia e Castela e León no ano 2001.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.