O gañador será o que reparta os cargos, determine quen pisará a moqueta, os que sairán na foto e os que se converterán na nova "caste". Unha "caste" agora máis linda, máis sexi, máis acorde ás esixencias do mercado electoral.
Iupis de esquerda, militantes da última fornada, rebotados de todas as partes, oportunistas e algunhas excepcións, que aínda pensan honestamente na unidade da esquerda, conforman este exército galego de “Brancaleone”. Mentres que Brancalone interpretado por Vittorio Gassman, cada vez parécese máis a Xose Manuel Beiras, que cabalga no seu burro canso, sen chegar nunca a “Terra Santa”.
Agora despois de tantos anos e ante esta crise profunda da esquerda, merécese algunhas reflexións. En primeiro lugar A Marea carece de liderado. Doutra banda non ten un proxecto nin táctico nin estratéxico. Nos seus debates Galicia é inexistente. Anos luz estamos de Cataluña e de Euskadi. Así como Xosé Manuel Beiras deu aquel histórico “zapatazo” no Parlamento galego, agora teno que facer ante unha militancia dispersa, confundida, desilusionada.
Beiras debe poñerse á fronte do proxecto da esquerda rupturista e soberanista. Seguramente deberá deixar a lastra dos palmeiros que o adulan, para volver acudir aos sectores do pobo que anhelan cambios de fondo. A idade non debe ser un impedimento. O ex presidente Mujica da mesma idade de Beiras, prepárase en silencio para ser o próximo candidato a presidente ao Uruguai. Agora se Beiras pode escribir o seu ultimo Epilogo.