Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/11/2018 | Actualizada ás 14:11
A dirección da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën propúxolle este luns ao comité de empresa a aplicación dun expediente de regulación de emprego de carácter suspensivo durante 50 días, que afectaría potencialmente a uns 400 empregados da M1 -que monta os modelos Peugeot 301 e C-Elysée-, así como eliminar unha quenda deste sistema de produción e recolocar a outros 400 operarios.
Así o trasladaron a Europa Press fontes da empresa, após a reunión celebrada na mañá deste luns 12 de novembro, na que quedou constituída a comisión de negociación do ERTE.
A empresa xustificou a aplicación deste expediente regulatorio pola baixa demanda dos modelos fabricados nesa liña de montaxe, que obrigou a establecer días de parada obrigados nas últimas semanas, á parte de máis días non laborables previstos para as próximas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.