O conselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, prepara unha profunda remodelación do órgano de dirección do fabricante de automóbiles en resposta á caída de beneficios da compañía e a crise de vendas dos últimos trimestres.
O seu coche, un Citroën Xsara Picasso, parou contra o valo dunhas viñas, que o detiveron antes de caer a un regato que pasa pola zona, o que impediu que dese voltas de campá.
  comenta   0
Stellantis Prol One alcanzou o 34,5% da cota de mercado español de vehículos comerciais ata chegar ás 18.668 matriculacións durante o primeiro cuadrimestre de 2024, segundo confirmou a empresa nun comunicado.
Este domingo 23 de abril o Club Autoclásico Ribeira Sacra celebra o X Aniversario e a VIII edición da Festa de Clásicos, concentración que conta xa con 150 coches inscritos, o máis antigo, un Citroën 11 Sport do 1937.
  comenta   0
O despedimento dun grupo de traballadores da Citroen en Vigo foi a faisca que prendeu o lume en setembro de 1972. Paros en fábricas, estaleiros, auxiliares e outras empresas paralizaron a cidade olívica. O recurso á violencia foi o sistema da ditadura franquista para que aquel movemento non chegase a outros lugares do Estado. Cincuenta anos despois segue sendo necesario recordar.
O grupo automobilístico obtivo un beneficio de case sete millóns de euros no primeiros seis meses do ano, fronte ás perdas de 1.234 millóns de euros que presentou no mesmo período de 2020.
Os sindicatos manteñen que "non é suficiente" e esixen que se apliquen as garantías de retribución mínima xa na nómina de marzo.
Para o conxunto de 2020, a compañía estima que o mercado europeo caia un 25%, cun esborralle do 30% en Rusia, mentres que a súa estimación é que as matriculacións baixen un 10% tanto en China como en América Latina.
Trátase do modelo eléctrico Citroën ë-C4. O vindeiro ano en Vigo fabricarase íntegramente o Opel/Vauxhall Combo.
As vendas do Grupo PSA alcanzaron o millón de unidades en todo o mundo no primeiro semestre deste ano, o que supón un descenso de case o 50% en comparación cos 1,9 millóns de vehículos que matriculou o consorcio francés no mesmo período do ano pasado.
Antes da declaración do estado de alarma a planta de Vigo contaba con tres quendas de traballo (mañá, tarde e noite) en dúas das súas liñas.
A nova regulación entraría en vigor tras finalizar o estado de alarma para renovar a actividade de forma progresiva.
O conselleiro de Economía aposta por manter a actividade industrial "con todas as garantías" e os sindicatos din que tamén está en risco a saúde dos traballadores.
Un traballador dunha das auxiliares da multinacional francesa pide que se viralice un vídeo no que critica que se manteña aberta esta grande empresa mentres está decretado o estado de alarma. "Están xogando coa saúde dos traballadores", denuncia.
A planta viguesa do Grupo PSA Peugeot Citroën aprobou este luns o seu novo convenio colectivo co único apoio do sindicato maioritario, o Sindicato Independente de Traballadores (SIT). Mentres, CC.OO., CIG e CUT consideraron "insuficientes" as medidas recollidas no documento e os dous primeiros rexeitárono.
O Xulgado do Social número 2 de Vigo recoñeceu o dereito dun empregado de PSA Peugeot Citroën, A.R.F., a dispor dunha quenda fixa de mañá de luns a venres para permitirlle conciliar a súa vida laboral e persoal e, deste xeito, ocuparse do seu bebé dun ano.
  comenta   0
Nesta operación destaca a versión 100% eléctrica de Jumpy, que chegará en 2020, e un Novo Berlingo Van 100% eléctrico en 2021.
"Un coche coa etiqueta ECO ou 0 (emisións) fai a maioría do seu consumo co motor de combustión e non co eléctrico. Hai un longo camiño que percorrer e cada un terá que facer o seu", sinalou.
Diminúen as vendas de vehículos das marcas Peugeot, Citroën, DS e Opel.
A empresa auxiliar de automoción alemá Benteler inaugurou este mércores en Mos (Pontevedra) a súa primeira 'smart factory', que xerará 175 empregos e elaborará compoñentes para o Grupo PSA Peugeot Citroën.
A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo presentou este mércores en sociedade o seu novo modelo, o Peugeot 2008, un "todocamiño" que comezará a súa produción en serie a principios de outubro.
A deputada electa de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, esixiu á fábrica coa que conta PSA Peugeot Citroën en Vigo que contrate a máis persoal e afirmou que a súa formación apoia os paros que realizarán este xoves os empregados para denunciar a sobrecarga de traballo.
O Xulgado do Social número 4 de Vigo considera que "unha modificación substancial das condicións de traballo fora da canle prevista legalmente" levaría incorrer nunha "fraude legal que burlaría a protección outorgada pola norma aos traballadores".
O alcalde de Vigo xustifica a demanda para "aforrar custos" á planta. "Parece que o único que non ten présa en que Citroën aforre e mellore a súa competitividade é Feijóo", di. reafírmase en que hai "présa" por crear chan industrial preto de PSA para localizar provedores e afea a Feijóo que "se queixe"
En Galicia vendéronse en xaneiro 10.100 vehículos de ocasión, o que supón un descenso do 4,69% respecto ao mesmo mes de 2018. Deles, 8.787 foron turismos e 1.313 furgonetas. Por marcas, colócase na cabeza en turismos con 841 unidades e en comerciais, 258.
"Soubemos competir con éxito grazas a unha ofensiva de produto sen precedentes, que soubo responder as necesidades tanto para os clientes particulares como de empresas", suliñou un directivo da empresa.
Pechou o ano pasado cun volume mundial de vendas de 3,87 millóns de unidades tras precarizar a situación laboral dos traballadores.
Juan Antonio Muñoz Codina asume a dirección do Polo Ibérico e Antonio Cobo é nomeado novo vicepresidente de Produción de Opel/Vauxhall.
  comenta   0
A dirección da planta viguesa suxire aplicar un ERE temporal, ademais de eliminar unha quenda na liña de produción M1. Xustifican a súa decisión aludindo á baixa demanda dos modelos fabricados nese sistema.
  comenta   1
O T. S. ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Tamén desestima os recursos da empresa e reintegrar aos traballadoras as cantidades descontadas dos seus soldos.
  comenta   0