Os deputados Davide Rodríguez, Pancho Casal e Paula Verao acompañan a Villares na súa lista

Na candidatura hai integrantes de mareas municipalistas, colectivos sociais como SOS Sanidade Pública e partidos políticos como Cerna e a corrente crítica de Anova que dan un perfil máis nacionalista a esta lista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 01:15

Comparte esta noticia

Os deputados no Parlamento de Galicia Davide Rodríguez, Pancho Casal e Paula Verao acompañan a Luís Villares na súa lista ao Consello das Mareas, na que tamén figuran a eurodeputada Lida Senra e a actual viceportavoz do partido instrumental, Ana Seijas.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e Ana Seijas. EUROPA PRESS - Archivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares, e Ana Seijas. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

O maxistrado lucense presentará a súa candidatura ao máximo órgano de dirección entre plenarios de En Marea este sábado nunha rolda de prensa que se celebrará en Santiago. No seu intento por manter a dirección do partido instrumental, Villares viaxa xunto ao tres deputados que o apoian no seo do Grupo Parlamentario no Pazo do Hórreo, onde o resto dos 14 deputados do partido instrumental manteñen diferenzas co portavoz, como quedou de manifesto durante o conflito vivido ao redor da parlamentaria Paula Quinteiro.

Ademais, nas listas, compostas por 35 nomes, figuran membros dalgunhas mareas municipalistas, colectivos sociais como SOS Sanidade Pública e partidos políticos como Cerna, así como por integrantes da corrente crítica de Anova.

Este último é o caso de Davide Rodríguez, deputado e exalcalde de Manzaneda (Ourense), que figura no número cinco da lista. O número dous é para a actual viceportavoz do Consello e membro de Ames Novo, Ana Seijas. Séguelle o parlamentario Pancho Casal, que se desvinculou de Podemos Galicia o pasado verán, e a súa compañeira no Hórreo Paula Vázquez Verao, portavoz de Cerna, partido que se escindiu de Anova en 2014.

Mariló Candedo, da marea municipalista de Oleiros, ocupa o número seis da candidatura e o portavoz de SOS Sanidade Pública, Ramón Veras, o sete. Completan o dez primeiros postos Elena Cores (da marea de Vilanova), Adrián Dios (antigo membro da dirección do BNG) e Peque González, da Marea de Pontevedra.

Xabier P. Davila, Mónica Díaz, Víctor Álvarez, Teresa Burgo, Xoán Losada, Ánxeles Faraldo e Xoán Hermida ocupan os seguintes postos até o número 18, no que figura a eurodeputada Lida Senra. O alcalde de Salceda de Caselas (Pontevedra), Marcos Besada, preséntase no posto 19, e o 20 é para Iris Malvido.

A candidatura de Villares ao Consello de Garantías encabézaa a tamén viceportavoz de En Marea, Victoria Esteban (Lugonovo), xunto con Xurxo Triñanes, de Boironovo. Héctor Vizoso, Sandra Pesqueira e Cochi Rodríguez completan o cinco nomees propostos ao órgano.

Así as cousas, caen da candidatura algúns membros da coordinadora saínte, órgano que equivale á executiva nun partido clásico. É o caso da exdiputada Chelo Martínez (Cerna), Gonzalo Rodríguez ou Mario López Rico, tamén de Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 lopo

gamela e lostrego, bueno o mellor sodes unha soa persoa, pero non vos percatades que vos tedes no bng que entender con esta xente?. E que non vedes que o pais se desfai. E que tanto vos ten, con tal de ter un deputadiño mais no parlamentiño que os da marea ou gobernar cos psoes nas deputacions?

1 lóstrego

eu non son do bng, que o pais se desfai concordo, mais non se arranxa con coalicions de partidiños, e menos con mando en madride.

2 lóstrego

Esta vai ser a póla galeguista, que risa. Como se rin de vós os podemitas.

1 Gamela

Semella unha boa candidatura de tránsfugas e xubilados!