Primeiro tirón de orellas serio de La Voz a Ana Pontón

O xornal de Santiago Rey recomendalle moderación tras os ataques a Feijóo e lembra que noutra ocasión xa tivo que ser Pilar García Negro –colaboradora deste medio--, a que fixera rectificar á líder nacionalista. Pontón insiste en que hai "manadas" no ámbito doméstico, no social e no institucional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/11/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ata dous artigos lle adicou este domingo La Voz de Galicia aos “insultos”, que segundo o xornal, utilizou a líder do BNG, Ana Pontón, contra o presidente da Xunta, ao identificalo coa “manada” e como “macho alfa” do PPdeG. Un tirón de orellas a Ana Pontón nada usual neste medio que, nos últimos tempos, tense caracterizado polo que algúns políticos e xornalistas consideran un “idilio” entre o seu editor e a líder nacionalista tal e como se puido comprobar coa presenza de tres destacados dirixentes do Bloque nos premios Fernández Latorre deste ano, a pesar da presenza do monarca español.

Ana Pontón, líder do BNG
Ana Pontón, líder do BNG | Fonte: EP

Esta vez el Bloque fue mucho más allá. La imputación de Ana Pontón le colgó a Feijoo al insinuar que era un miembro más de La Manada que todo el mundo desprecia por los abusos sexuales cometidos contra una joven indefensa, destroza los marcos del parlamentarismo. ¿O acaso es posible debatir en serio con quien te sitúa al lado de unos violadores?”, apunta o xornalista Domingos Sampedro nun artigo titulado “El zapatazo de Ana Pontón contra Feijóo”.

Un titular que recolle tamén o símil utizado por outro das voces editoriais deste medio, César Casal, subdirector do xornal que noutro artigo de opininión que leva por título “De Kruschev a Beiras y ahora a Ana Pontón” tamén utiliza a metáfora do “zapatazo” para criticar duramente a Ana Pontón da que di que “radicaliza su discurso, tal vez nerviosa por afianzarse en la lucha que mantiene por los votos con En Marea”.

De feito, o subdirector de la Voz lembra que “era el 2016, cuando la líder del BNG irrumpió a lo grande en la política gallega al llevarse de calle, junto a Feijoo, aquel debate de las autonómicas. Luís Villares no hizo entonces nada más que titubear. Con Leiceaga, entonces líder de las siempre freudianas filas socialistas gallegas, se podían contar ovejas para ponerse a dormir. Y de la candidata de Ciudadanos no tenemos recuerdo ni del nombre”. “Un poso y unas maneras que dinamitó esta semana de forma abrupta”, engade no seu artigo. 

E manda un serio recado: “¿Quiénes son sus consejeros? ¿Creerá que el camino es el que ha convertido a Gabriel Rufián, protagonista también esta semana, en el payaso oficial? La política del insulto y la descalificación busca titulares y, sobre todo, arder en el napalm de las redes sociales. Pero logra nulo efecto en el votante que piensa antes de votar”.

O "ESCOZOR" DE ERC

Unha alianza con ERC que escoce en La Voz, que minimizou e mesmo ocultou o acordo ao que chegou o BNG con esta formación e Bildu de cara ás eleccións europeas debido a liña antinacionalista e antiindependentista deste medio, especialmente, tras a crise política de Cataluña. 

Pola contra, mentres a maior parte dos medios informaban dese acordo, o xornal coruñés publicaba que Feijóo chamara a Fernando Blanco para pedirlle desculpas tras imputalo na Campeón. Era o que pedira antes Ana Belén Pontón, que Feijóo rectificara e pedira perdón e é, agora, o que semella que lle pide La Voz a ela, que tamén rectifique esa liña e eses insultos ao presidente galego.

Está por ver se, desta volta, Pontón se plega aos designios de La Voz ou segue mantendo as súas valentes críticas contra Feijóo. Polo momento, a líder nacionalista mantivo este domingo que "hai manadas no ámbito doméstico, no social e no institucional", pero evitou mencionar a Feijóo.

Con todo, e se non rectifica os xornalistas do xornal coruñés xa aventuran o que pode pasar. “En marzo pasado salió a la palestra una histórica nacionalista, como Pilar García Negro –articulista deste medio--, para advertir al BNG que en su campaña estaba imitando el lenguaje machista”, en alusión a utilización da palabra "cona" nunha campaña do BNG, o que abriu divisións dentro da UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Xesús Ateo Recalcitrante

Normal que a La Voz de Galicia sala en defensa de Núñez Feijóo; son moitos cartos que con gracia e facilidade lle solta ano tras ano en diversos conceptos. Fotos oportunamente publicadas, polémicas artificialmente alimentadas, etc. (foto de Quintana no xate, nevera "carísima" do coche do mesmo señor, encerrona no spa de Oia,...) Amais de que a liña política escollida por ese xornal desde hai moito tempo semella ser a de facilitar e pular a ascensión do Partido Popular (non necesariamente Núñez Feijóo) ao control de Galicia e as súas institucións. E, a verdade, é que parece irlle moi ben con iso de espantarlle todas as moscas que poida aos populares.

4 Braisiño

Pois claro. Que pensaban? Quen manda aquí? Quen paga (con diñeiro público), manda. Para que vaian a renderlle pleitesía a Rey a Arteixo.

3 Lalo

La Voz de Santiago Rey ten dereito de pernada sobre os galegos, e como todos consentimos en que ha de ser así, así tamén nos vai. ¡Vivamos coma galegos!

2 comunista independentista

Para La Voz o Bloque é o seu principal monicreque para atacar ás Mareas. E se o teu monicreque se sae do rego, hai que reconducilo. Nada máis. Agora a coronela e os coroneis baixan a cabeciña e continúan coa súa cruzada contra os infieis "mareados", que é o que queren en Sabón. Todo en orde.

1 Bernal Calvo Delaciga

O Amo tirándolle das orellas ao súbdito, ao tío-tom, á malinche. A pregunta é: que lle debe o BNG a LVG para ter estas ataduras? Cal é o código de vasalaxe entre a fronte autonomista e o xornal rexionalista?

1 Monchito Laretas

E que ataduras tenhem os teus deputadinhos para votar pola ILP da Jusapol?

2 Turko

Baia, baia, outro mareado ladrando. Ponhédevos a trabalhar e deixádevos de rechouchiar o que diga o amo coletas desde Galapagar. Vas falar ti de vasalaxe!!