Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/11/2018 | Actualizada ás 10:10
Un total de seis persoas resultaron feridas á primeira hora deste luns nun accidente de tráfico en Tui (Pontevedra), despois de que unha furgoneta caese por un viaduto.
Segundo a información do CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 7,30 horas deste luns no quilómetro 177 da AP-9, ao seu paso por Rebordáns, en Tui, onde a furgoneta saíu da estrada pasada a peaxe e caeu dende un viaduto.
Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Baixo Miño, Policía Local e Garda Civil e deuse aviso ao persoal de control de autoestradas. De igual modo, participou no operativo persoal sanitario do 061, que evacuou ao seis feridos, que se atopaban estables, a un centro hospitalario.
CHOQUE ENTRE DÚAS MOTOS
Por outra banda, unha persona resultou ferida en Vilanova de Arousa (Pontevedra) despois de chocar dúas motos que circulaban á altura do Polígono de Tremoedo.
A alerta recibiuse sobre as 8,30 horas deste luns e no operativo participaron, ademais de efectivos sanitarios, membros de Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.