As miles de persoas que estiveron no aceso das luces de Nadal de Vigo correron perigo por un dron

Así o cre a Policía que acabou detendo ao piloto deste aparello que se puido ter provocado "lesións moi graves" ou mesmo o "falecemento" se chega a impactar directamente contra unha persoa.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/11/2018 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a un home por atentado e resistencia á autoridade despois de ser identificado como o dono dun "dron" que sobrevoou o pasado sábado a cidade de Vigo por encima de miles de cidadáns asistentes á inauguración da iluminación de Nadal, poñendo en risco a súa integridade física, segundo as forzas de seguridade.

[Grupovigo] Nota De Prensa Da Comisaría De Policía Vigo Redondela. POLICÍA NACIONAL
[Grupovigo] Nota De Prensa Da Comisaría De Policía Vigo Redondela. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Axentes da Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional que participaban no "dispositivo especial para o aceso das luces de Nadal en Vigo" detectaron o "dron" sobrevoando a zona centro e sobre as 21,00 horas localizaron ao piloto xunto a outro mozo na zona da Subida ao Castelo.

Ao ver aos axentes ambos dispuxéronse a abandonar "a fume de carozo" o lugar mentres gardaban o "dron" nunha bandoleira. No momento da identificación, o piloto empuxou á axente que lle requiría a súa documentación "tirándoa ao chan".S egundo o relato policial, a funcionaria e outro axente perseguíronos até interceptalos a pouca distancia, pero os mozos resistíronse activamente á súa identificación, polo que "se procedeu á súa detención".

Os "drons" son máquinas que se sustentan en voo mediante o seu funcionamento electro-mecánico, e están "suxeitos a fallos na pilotaxe ou a fallos de motorización", provocando nestes casos un "descenso brusco" á terra, como explicou a Policía.

Neste caso, a Policía informou de que os riscos aumentaban "exponencialmente" pois a visibilidade "era reducida para a pilotaxe guiada polo monitor tv do control remoto", e cos constantes claros e escuros entre a noite e a forte intensidade das luces a "complexidade" para pilotar o "dron" era maior.

Por este motivo, os axentes afanáronse en descubrir ao piloto deste "dron" pois a Policía estimou que tendo en conta a altura á que poden voar, o "impacto" nunha concentración masiva de cidadáns podía causar "lesións moi graves" ou mesmo o "falecemento" se chega a impactar directamente contra unha persona.

A Policía Nacional lembrou que os "drons" deben usarse conforme á normativa estatal reguladora da materia, e que de non ser así, proponse para sanción ao usuario ante a Axencia Estatal de Seguridade Aérea. O "uso indebido" de "drons" en zonas públicas pode carrexar "multas de até os 225.000 euros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dronista

E o que usaron no Marisquiño non presentaba un risco para os asistentes? Según sexa un ou outro o que pague temos risco ou non...