Denuncian agresións ultradereitistas en Pontevedra

Galiza Nova denuncia o caso dun mozo agredido por levar unha camiseta coa bandeira galega, golpeado ao berro de "¡esto es España!". Segundo a mocidade do BNG, na cidade producíronse máis sucesos destas características o mesmo día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2018 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, denunciou a agresión sufrida por un dos seus militantes por vestir unha camiseta coa bandeira galega a noite do pasado mércores en Pontevedra ao berro de "¡esto es España!".

Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.

Segundo informou Galiza Nova nun comunicado, "o militante Pablo Novo camiñaba cunha camiseta coa bandeira de Galicia pola zona vella pontevedresa cando un grupo de mozos de entre 20 e 25 anos se aproximaron a el a gran velocidade berrando "¡esto es España!".

A continuación, lle terían propinado unha serie de patadas e tirárono ao chan. O agredido foi auxiliado por un grupo de persoas que se atopaban na rúa neses momentos, que fixeron que os agresores escapasen, segundo Galiza Nova.

A organización xuvenil denuncia que esta non foi a única agresión "de carácter ultradereitista" esta semana en Pontevedra, xa que tamén tiveron coñecemento doutras no centro da cidade durante o día.

Fontes da organización aseguraron que esta agresión "responde á creación dun caldo de cultivo propicio para o aumento da violencia" e atribúeno a unha "dereitización do espectro político a nivel global" que se apoia en "discursos abertamente violentos" contra os movementos que se sitúan "en contra do sistema, concretamente, no Estado español, o nacionalismo das nacións sen estado".

Por parte de Galiza Nova rexeitan que a violencia "teña cabida á hora de defender ideais políticos". Tamén denuncian a "impunidade" ante estas agresións mentres que, mantén a organización, "a Xustiza española está máis ocupada por aplicar a Lei Mordaza e reprimir a liberdade de expresión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Ferrolvox

Que mentira más burda , fake news del bloque catalán, haber si cuando pegan a un chaval con la bandera de España o loreconocen por haber ido a una manifestación de ciudadanos en Barcelona también lo condenais como así ha pasado en Pontevedra. Galicia por España

1 O que queda do BNG

O que ti chamas "bandera de España" é un farrapo fascista que representa a covardes xenocidas e golpistas apoiados por un exército miserábel e vergoñento que nunca gañou máis guerras que as que fixo contra o seu propio pobo desarmado. España é violencia, roubo, abuso, ignorancia, vergoña, ridículo, Sodes soberbios cos débiles e submisos cos fortes. España é un anacronismo, un residuo da historia que non dá máis que problemas, unha cárcere de pobos, unha escoura histórica que só serve para que os señoritos exploten ás clases traballadoras de toda península. Acabará desparecendo e non será máis que un triste recordo do esperpento, do grotesco, da ignonimia.

2 nostrus

O que queda do RNG. Pois que saibas que todo canto dis só é froito da tua ignorancia e da tua mala baba e o que España teña de ruín débese moito a aportacion que fan os españoles dos nacionalismos miserentos, pero inda asi, a pesar do nacionalismo miserento, España é unha gran nacion e chea de xente maravillosa. O nacionalismo galego só é producto das cinzas dos resentidos vencidos na democracia. Viva Galicia como a nosa expresion de ser españoles.

3 Sentidiño

"todo canto dis só é froito da tua ignorancia e da tua mala baba..." Onde está o moderador?