A Universidade da Coruña acolle un referendo sobre a monarquía

O estudantado, o persoal docente e o persoal administrativo e de servizos poderán participar nesta votación simbólica o 12 de decembro. É unha iniciativa que xurdiu en Madrid e que xa chegou a outros campus universitarios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/12/2018 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

"Estás a favor de abolir a monarquía?" En caso afirmativo, "estás a favor de instaurar unha República a través da apertura dunha serie de procesos constituíntes?" Estas dúas preguntas, con resposta a escoller entre o si e o non, serán as que aparecerán nas papeletas do referendo sobre a monarquía convocado pola comunidade universitaria da UDC para a xornada de mañá, 12 de decembro

Referendo sobre a monarquía na UVigo
Referendo sobre a monarquía na UVigo | Fonte: Miguel Núñez

Esta iniciativa, que na súa orixe partiu do alumnado da Universidade Autónoma de Madrid e que xa se estendeu a outros campus, chega á Coruña cun obxectivo claro. "O alumnado, PDI e PAS da Universidade da Coruña cremos que chegou a hora de decidilo todo", anuncian, "nun momento de repregamento autoritario do réxime do 78, fundamentado en parte nunha monarquía herdada da ditadura, a reivindicación da democracia no seu máis amplo sentido é unha cuestión de suma importancia para as clases populares".

Os promotores desta votación simbólica, que apostan por unha república como o "proxecto de democratización total", procuran devolverlle á universidade "o seu espírito de centro de debates e de coñecemento crítico, fronte a quen a quere converter nun lugar de estudo memorístico e cara aos intereses do mercado". 

Sendo así, este 12 de decembro colocaranse varias urnas nos centros de ensino do campus. Dende as 10.00h e ata as 18.00h, o colectivo universitario (estudantes, persoal docente e persoal de adminstración e servizos) poderá achegarse a exercer o seu dereito ao voto e marcar cun equis a súa escolla. Haberá mesas electorales nas facultades de Ciencias da Educación, Dereito, Socioloxía/Comunicación Audiovisual, Informática, Camiños, Económicas, Arquitectura, Ciencias, Filoloxía e INEF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta