En Marea celebrará finalmente as votacións nun clima de tensión e división

O sector crítico 'Entre Todas' concorrerá finalmente ao proceso de primarias á dirección de En Marea, a pesar das reticencias de Podemos e de Esquerda Unida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2018 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O sector crítico 'Entre Todas' concorrerá finalmente ao proceso de primarias á dirección de En Marea que arrinca este sábado, aínda que as organizacións que participan da lista manteñen serias dúbidas sobre o sistema de votación elixido pola dirección que encabeza Luís Villares e avisan que estarán "vixiantes" ante a posible existencia de irregularidades.

Plenario de En Marea do 27 de outubro. EN MAREA - Archivo
Plenario de En Marea do 27 de outubro. EN MAREA - Archivo

Así o confirmaron fontes da candidatura consultadas por Europa Press. Ademais, a propio cabeza de lista de 'Entre Todas', o exdeputado David Bruzos, afirmaba na Cadena Ser que seguían adiante no proceso, logo de días de deliberacións entre as distintas partes que conforman a candidatura, que sopesaban retirarse do proceso ante as prácticas "golpistas" que, din, realizou a actual dirección do partido instrumental nas últimas semanas.

Ao longo de todo este venres sucedéronse as declaracións dos distintos dirixentes de En Marea a favor da celebracións das primarias. Anova e os alcaldes da Coruña e Santiago amosaronse a favor de competir con Villares, mentres que Podemos, EU e David Bruzos --próximo a Podemos-- mantiveron dúbidas ata esta tarde. 

Estas votacións serán decisivas para coñecer cal é o futuro de En Marea, practicamente, dividada á metade. O sector que gañe farese co control da dirección da formación e imporá os seus criteiros ao Grupo Parlamentario. O sector crítico que encabeza David Bruzos, e que está apoiado por Podemos, EU, Anova e os alcaldes de Ferrol, A Coruña e Compostela, está convencido da súa victoria. De ser así, os críticos terían moi difícil a súa continuidade dentro de En Marea dentro da Cámara.

FUTURO

Pero se, pola contra, é o sector de Luís Villares, apoiado por numerosas mareas municipalistas, plataformas sociais, Cerna e criticos de Anova, o que se fai coa victoria, a situación parlamentaria de En Marea sería aínda máis complicada xa que este sector está en minoría e os críticos poderían decidir non acatar as ordes do Consello de En Marea.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. Europa Press - Archivo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. Europa Press - Archivo

Con todo, gañadores e perdedores teñen moi difícil convivir dentro da mesma formación e da mesma casa tras os enfrontamentos das últimas semanas e a enemistade manifesta que se profesan. Por iso, fontes consultadas dan por feito que os perdedores acabarán marchando de En Marea. Outras fontes apuntan que os dous sectores poden continuar "cohabitando", aínda que isto, din, seguirá xerando tensións imposibles de controlar. "Ao final o perdedor terá que marchar", din.

"A ninguén lle interesa --e menos aos críticos-- seguir coas tensións a menos de seis meses dunhas municipais que poden afectar seriamente as posibilidades dos alcaldes das tres grandes cidades", aseguran. Con todo, todos dan por feito que a "telenovela" de En Marea continuará unhas semanas máis e mesmo meses, a pesar destas eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 final

Galicia estase quedando sen poboación, sen empresas, sen cultura, sen identidade propia, sen orgullo pero sobre todo sen sentido común... logo preguntan fora porque aiquí sempre gaña o pp. Dades moita pena, tedes un voto menos.

3 comunista independentista

Agora as cartas están marcadas polo golpismo villarista, pero hai que votar e gañar, e aínda que só sexa por un voto, limpar de lixo a unidade popular. A por eles!

1 Alpinista

E se non gañamos, xa que non nos deixaron manipular o censo, dicimos que fixeron trampas. E para que manter as apariencias, moito mellor o berro españolista completo e no noso idioma natural: A por ellos!

2 puchabella

A por ellos = España profunda!

2 Gamela

Pero aínda gañando estas eleccións trapalleiras... En Marea non sacará nin a metade dos votos agás que ao día seguinte se poñan as pilas e marchen de retiro espiritual a Samos (a ver se nesta ocasión admiten ás mulleres!) e fagan exercicios espirituais profundos para REXENERAR A ESQUERDA (precisamos con urxencia políticos morais!) para arrincarlle votos ao PPdG (caciques neoliberais de toda a vida!) https://i.gal/gamela05

1 Sentidiño

Precisamos con urxencia políticas coma Paula Quinteiro.

2 lóstrego

Ti cres que os que votamos pero non nos implicamos nos partidiños somos parvos. Non se trata de obter máis votos ca o PP, trátase de crear unha unión consciente e galega, non un conxunto de intereses particulares.

1 Gamela

Non terán problema, xa son especialistas en escapismo (AGE - Grupo Mixto - Mario López Rico - CERNA) En canto ás numerosas mareas municipalistas, plataformas sociais, Cerna e criticos de Anova sumando todos non deben pasar de 400 (e para defender as Termópilas seica foron 500) // O peor deste conto é que seguirán rompendo e murmurando coma viciñas fisgonas como levan facendo dende que Paula Quinteiro chamou a Villares polo seu nome : Trepa Arribista ! D.E.P.

1 Sentidiño

Paula Quinteiro: referente intelectual e moral de todas nós...

2 Logopeda

Bueno o de 400 é un dato pouco obxectivo xa que hai que ter en conta os inscritos independentea como o propio Villares e moitos deses independentes sentense identificados von Villares xa que non veñen de Podemos EU ANOVA ou Cerna. De todolos xeitos se son 400 eses xa son de carallo, postos a analizalo son mais que os 11 circulos activos que Podemos ten en Galicia

3 Vilanova

Ou sexa que a Paula, aparte de arrancar de credencial de deputada para cubrir unha gamberrada diante da polícia, o seu mérito polìtico máis relevante e chamarlle a un compañeiro de partido, o coordenador e portavoz, trepa arribista?. Non é milagre que teñamos Feijóo para tempo. Que tropa!.

4 Centroeuropeo

Pode ser que leven unha sorpresa. Os das Termópilas eran 300 espartanos (máis outros aliados), e non está claro que os inscritos domingueiros de Podemos e as deputadas afeizoadas ao botellón se tomen o esforzo de votar. Total, xa anunciaron que se perden vanse queixar de fraude.