Feijóo di que a manifestación pola defensa da sanidade pública está "politizada"

O presidente da Xunta asume "os problemas e tensións" do sistema galego de saúde, pero di que se poderán superar "con humildade, xestión e verdade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2018 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acusou á oposición de "facer política" coa sanidade, coa manifestación convocada en Vigo como pano de fondo, e deu por feito que "os problemas e tensións" do sistema galego de saúde poderanse superar "con humildade, xestión e verdade".

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, após o Consello. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, após o Consello. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

Así o manifestou horas antes da protesta convocada na cidade olívica baixo o lema 'Pola dignidade da Atención Primaria' que sae ás 20,00 horas do PAC —situado no antigo Hospital Xeral— para percorrer a rúa Pizarro até a Praza de España, logo a Gran Vía e despois Urzáiz até a rúa do Príncipe.

Esta mobilización, apoiada por multitude de colectivos e asociacións profesionais como o Colexio de Médicos, xorde por mor da dimisión en bloque de 22 xefes de servizo e de unidade de Atención Primaria de todo a área sanitaria de Vigo, á que xa se sumaron outro tres facultativos.

Pero o presidente galego tamén foi preguntado por outros conflitos en activo no ámbito sanitario, como a folga de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e aproveitou para revindicar a sanidade pública galega como "unha das grandes de referencia" en España que, á súa vez, "ten un dos mellores" sistemas de saúde públicos.

Neste contexto, sinalou que a manifestación de Vigo convocouse "antes de coñecer as propostas" que o Executivo autonómico puxo sobre a mesa para activar cambios na Atención Primaria, xa que, admitiu, se se facían contratos "impropios" de semanas ou días, é necesario "rectificar" e traballar para "mellorar".

"Os temas sanitarios interésannos, pero non facer política coa sanidade. E a oposición leva facendo política coa sanidade desde hai dez anos", censurou. Ao tempo, lembrou a protesta que no seu día se convocou en Vigo "pola gran mentira da privatización" do Hospital Álvaro Cunqueiro. E deu por feito que, igual que entón, poderanse superar "as tensións" con "humildade, xestión e verdade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Pitito

Non lle da a cabesa pa mais. E lo? As externalizacions que patricinou o seu goberno non estan politizadas? O Alvaro Cunqueiro que e? Mercado?

1 Gamela

Cré o "ladrón" que todos son da súa condición !