Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2019 | Actualizada ás 10:05
Tres persoas resultaron feridas de carácter leve, unha delas unha nena de 16 meses, tras chocar dous vehículos na estrada de Lugo á Coruña, ao seu paso polo municipio lucense de Rábade, aínda que unicamente a menor foi trasladada polo 061 a un centro hospitalario.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pouco antes do tanatorio da localidade de Rábade sobre as 19,50 horas deste martes.
A alerta foi recibida no 112 Galicia a través da chamada de varias persoas particulares que informaron o accidente. Por iso pasouse aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Rábade. Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo á menor, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.